Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: O museo de San Martiño

miércoles, 09 de mayo de 2018
En 1976 publicou este cronista o seu primeiro libro: ”Guía histórica y artística de San Martín de Mondoñedo”, que era tamén o primeiro monográfico editado sobre daquela igrexa. Fora prologado polo eminente escritor e xornalista, don Xosé Trapero Pardo, moi coñecido e apreciado en Foz, onde veraneou 67 anos consecutivos “sen faltar- nos dixera nunha ocasión- nin o ano que estalou a guerra civil” e onde dende os anos 50 leva o seu nome a rúa que, do Campo da Cabana, chega á Rapadoira.

En páxina final da guía, dase conta da xa executada 1ª fase das transcendentais obras de restauración e conservación, realizadas entón, baixo a dirección do ilustre arqueólogo e catedrático da USC don Manuel Chamoso Lamas, inauguradas o día 11 de novembro de 1966, acto no que Álvaro Cunqueiro pronunciara un brillante e inesquecible discurso.

Detállanse tamén as obras a realizar na “inmediata” 2ª fase e dise: “…se incluye también la instalación de un Museo Parroquial que guardará piezas únicas por su valor histórico y artístico, como el Anillo Pastoral y Báculo de S. Gonzalo, del S.IX, y otras piezas que han pertenecido a S. Martín y que pasarán a enriquecer el patrimonio expuesto en el mismo”.

Isto é o que, con 42 anos de retraso, acaba de inaugurarse; feito que tanto nos satisface, pois trátase de algo de verdadeira importancia, incrementando o interese para os numerosos visitantes; instalado no interior da Basílica, exemprar único do pre-románico galego, e Monumento Nacional, a carón da que se contempla a obra do prestixoso artista plástico “Caxigueiro”, enmarcada pola beleza do novedoso xardín botánico “Espazo Caritel”, que causa admiración aos numerosos visitantes; unha ampla mostra de plantas exóticas e autóctonas, en coidada disposición; entre elas unha colección de mais de cen especies distintas de camelias; o lamentable é que houbera que esperar 42 anos dende aquéla, para que se consumara tan interesante proxecto, de singular engado como lugar de alto interese no laudable obxetivo que se persegue da desestacionalización do turismo, que sen dúbida se logrará, cando das palabras se pase á acción e se poñan os medios e os esforzos precisos que toda empresa ambiciosa esixe. Nese senso San Martiño, co conxunto a que aludimos -historia, arte e exaltación da natureza -é, sen lugar a dúbidas, o mais engaiolante espacio do territorio municipal de Foz; e como tal, tamén o mais visitado.

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES