Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo (12)

miércoles, 09 de mayo de 2018
Ano 2001. Ferretes do Enterro da Sardiña

Nas estrofas ás que vai aludir «O Gran Espetón» desde o palco dá música da Praza de España, criticanse certos problemas, que afectan á cidadanía de Lugo. Así, faise mención á contaminación do río Miño; á especulación do casco urbano e da ronda exterior; aos obstáculos do Concello para rehabilitar a Praza do Campo; aos problemas de tráfico. Tamén se fai referencia aos problemas entre os políticos do PP. -Cacharro e Iravedra- ...

A todo o pobo de Lugo
e ó persoal forasteiro
escoitade con atención
do voso irmán Espetón

ESTRIBILLO. (1). Recitar todos.

ONTE FOROS POPULARES
HOXE BLOQUE E SOCIALISTAS
QUEN GOBERNA ESTE CONCELLO
SEMPRE SON OS CONTRATISTAS.

Na cidade de Lugo
hai moitas caralladas
todo o río leva lixo,
e as casas suxeitadas. (1) Estribillo.

Lugo é, sen lugar a dúbidas,
«cuna» de especulación,
das cidades desta España
é innominia e valdón,
non só do casco urbano
e da ronda exterior,
¡ Qué vergoña Carrefour
e o recinto exposición! (1)

Asesinaron con saña
ó sofrido Padre Miño,
deixárono sen carballos,
sucio, agónico e podrido,
coa indefensión dun «niño». (1)

Un pedazo da torta
do noso gran murallón,
reparalo xa costou
medio ovo e un «riñón»,
Supóñase o auditorio
porque chámanlle auditorio,
que o ovo e medio que queda
o «riñón» e o corazón,
non serían suficientes
«pa» desbrozar de follaxe
todo este gran torreón. (1)

Uns dende os Paxariños,
e outros dende a Piringalla,
todos puxeron libriños
no Cumulum da muralla. (1)

No Concello de Lugo
toda a xente se pregunta
¡ Por qué o Alcalde promete
e non dá nada nunca?
Pedimos un auditorio
¿ E para cando será?
entre dimes y diretes
xa quizais non chegará. (1)

As funcións do Auditorio
teñen moitos achegados
pero di a oposición:
«non hai asentos numerados».
é que se fai pequeño,
que fagan outro máis grande
«pa» que entre Lugo enteiro. (1)

Eguibar non ten pelo
de tanto traballar,
que chame a Xoán Méndez
«pa» que lle veña axudar. (1)

Xoán Méndez dí sempre:
«todo é improvisación»
pois que chame aos seus colegas
e menudo colocón. (1)

No PP manda Iravedra,
que moitos males o aflixen.
En cousas desta provincia
Cacharro é o que dirixe. (1)

Como se apelida Arias,
o bo de don Ramón,
que no goberno central
deixárono sen «sillón»,
e así por ese motivo,
está que bufa o señor. (1)

¡ Señores do Concello
que falades tanto!
calade e amañade,
a nosa Praza do Campo,
¡e se asiña non o faceis...!
por tenerla deste xeito
proponemos que se colgue
cada mes a un Concelleiro. (1)

Xentes cheas de coraxe,
de ilusión e de cariño,
abriron con gran valor
e tamén con moito tino,
un local de hostelería,
cheo de gusto e sentido
na zona máis maltratada
desta cidade de Lugo,
despellejada e ruinosa,
na mesma rúa do Miño.
¿Qué pasa cos nosos gobernos
que non nos deixan medrar,
rehabilitando con xeito,
zona tan particular?
¿Ou é que pretenden de novo
o volver a especular? (1)

A Muralla é un Patrimonio
que sempre tivemos en Lugo,
a Unesco quixo que fora,
un ben para todo o mundo,
que é Patrimonio Mundial
a susodita sí nolo dixo,
¡como se non o soubéramos xa! (1)

O ciclo de teatro clásico
e tamén a Caixa Nova,
actualizaron con triunfo,
nesa cousa, que non sei...
porque chámanlle auditorio,
xa o dixo Concha Velasco
chea de frío e rabiosa
Isto si que sigue sendo
un completo matadoiro». (1)

Xa protestan os pedáneos
que non os atende Orozco,
recorren a dona Branca,
«pa» que desfaga os entornos. (1)

Se lle din a Xosé Clemente
estando de profesor,
que Branca lle ía a tomar
diariamente a lección,
mandaría ata á merda
a cadeira e o bastón. (1)

Se Orozco di que si
e Branca di que non
con esta disquisición
vaise o mico de collón. (1)

Pedímoslle a Liñares
que saia axiña á rúa
e que o tráfico amañe
sen chamar tanto á grúa. (1)

De político en discordia
actor de cinematógrafo.
Fraga vai ser contratado
nun papel estelar
para protagonizar
Parque Jurásico 2. (1)

A oposición berra e berra
e non deixa de berrar.
¿Qué fixeron eles antes?
que lle pregunten a Xoán. (1)

No Incio e tamén en Sarria,
xa apareceron dúas vacas
desas que chaman tolas,
mais eso é «una cosita»
que case a ninguén lle importa.
¿Tampouco nos va a importar,
aínda que pode traer cola...,
que no goberno central
teñan outra inoperante,
que non sei si é outra vaca
pero si sei que está tola? (1)

Sufrido pobo lucense
aquí remata o repertorio
en verdade vos prometemos
que o próximo ano estaremos
aquí fronte ó Consistorio.

¡VIVA O ENTROIDO!
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES