Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Caza Maior e Turismo

jueves, 20 de septiembre de 2007
Dun tempo a esta parte os focegos, indíxenas e achegados, non deixamos de sorprendernos cando, con demasiada frecuencia, aparecemos nos titulares de portada dos xornáis; e non sempre por razóns exemplarizantes que nos deparen o prestixio que emanaría da obra ben feita que, neste caso, se cimentaría no respecto e a defensa dos valores que teñen que ver coa cultura medioambiental, a dotación dun hábitat que potenciara un entorno mais humano e distendido para a convivencia ou co patrimonio natural e histórico-cultural, material e inmaterial, no marco do noso municipio.

Esta realidade evidente mestúrase con episodios, uns inesperados e outros provocados, singulares todos eles, que dan un toque de orixinalidade ou mesmo de pintoresquismo ó diario discurrir de tanta bazofia.

Curiosamente é na época estival cando proliferan estas situacións e entón pasamos a ser noticia polo que o acontecemento ten de insólito ou inusual: no verán do 2005 a nova deixábanos abraiado; “un artista alemán ultima a unión virtual entre Foz e a súa antípoda”. Descoñecemos qué se nos perdía a nós por aló, pero así o declaraban Joerg Jozwiak, o promotor desa cousa, e mailo goberno local.

Non se soupo mais da chocante iniciativa, por eso ignoramos se se atopan aínda á procura de conectar os cables ou se é que o que alí había valía pouco a pena….

Confesamos que acollimos o anuncio con indiferencia, porque os que chegamos a destempo á cultura “do virtual”, e polo tanto co consabido desfase, sempre mantemos certa dose de incredulidade ante tanta marabilla…

Sen embargo o que sí espertou a curiosidade, e mesmo produciu en nós unha remota esperanza, foi a sorprendente aparición dun oso no entorno do Bispo Santo porque, aínda que morto, dende a nosa ignorancia pensamos que tal feito podía ser sinal de vida (non morre o que non vive); e aínda recoñecendo que non é ese o medio mais exeitado para a supervivencia destes animais, con un pouco de imaxinación e moita fe, poderíamos contemplar a posibilidade de que aquel paraxe, polo que xa se señorean o xabarín e o corzo, se convertese nunha reserva de caza maior.

¿Imposible? Os focegos estamos históricamente curados ante a realidade de aconteceres que rachan coas leis naturais e mesmo con toda a lóxica ¿Non foi precisamente dende alí mesmo onde San Gonzalo, contrariando tódalas leis físicas e os razonamentos escolásticos, afundíu unha flota de naves normandas que se dispuñan a invadir a nosa costa?

Hai algúns meses uns estudosos do sector turístico decían que a procura do “turismo de calidade” pasaba pola oferta dun ocio que, mais alá das fermosas praias coas que natura nos agasallou, se asentaría no deporte naútico -é decir, os portos deportivos- e os campos de golf e sinalaban tamén que a caza maior exerce unha poderosa atracción para xentes “de calidade”, entendendo o termo no senso que nos ocupa.

Aquí radica precisamente a razón do interese que en nós espertou a posibilidade de que a especie viñera a medrar e multiplicarse polos pagos nos que esta peza perdeo a vida: ó parecer o animal subiu en mala hora ó Pico da Lebre (paraxe natural, singular e carismático, en tempos espléndido miradoiro, hoxe cego e cochambroso), e alí morreo de noxo e de tristura.

Atendendo, pois, ós analistas do fenómeno turístico, unha vez confirmado que Foz non terá porto deportivo e que nada se sabe daquel campo de golf que hai mais de tres anos se daba por feito, e ó que entón se considerou a panacea para “a consolidación do turismo no noso concello”; así as cousas, só nos queda, para esa ansiada mellora cualitativa do noso turismo, a alternativa da caza maior, e nesta situación o oso era a última esperanza; mais temos que recoñecer a nosa decepción: a presencia do plantígrado foi tan só unha quimera, un espellismo.
A vida está chea de frustracións.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Administrando imposibles: As Administracións, atópanse ás veces con imposibles derivados dunha mala ad...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información