Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O enterro da Sardiña na cidade de Lugo (11)

miércoles, 02 de mayo de 2018
Ferretes pronunciados polo «GRAN ESPETÓN» na Praza de España. Ano 2000
Nas salmodias ou ferretes, que vai pronunciar «O Gran Espetón» na Praza de España, reflíctese unha critica á política municipal e á da Xunta con respecto á ubicación do Hospital Xeral. Unha censura en canto aos problemas existentes no edificio Multiusos da Xunta relacionados coa ventilación. Finalmente, tamén, un xuízo desfavorable con respecto aos terreos da Ronda Norte...

A todo pobo de Lugo
ó persoal forasteiro
escoitade con atención
ó voso irmán Espetón
o ferrete parrandeiro

ESTRIBILLO (1). Recitar todos.

NO CONCELLO DE LUGO
NON SE SABE QUEN MANDA
SE OROZCO REXE MOITO
MOITO MÁIS GOBERNA BRANCA

A xente con inquedanza
a negra data esmorece
e queda sempre temerosa
o fatal número trece. (1) Estribillo.

Máis ollade para o P.P.
¡ que bo peliño lles loce!
...pois quedáronse de pé
ó quedar só con doce. (1)

E zúmballe o boneco
e o boneco zumba
no Concello de Lugo
o P.P. xa non retumba. (1)

Os partidos progresistas
tralo pacto decisorio
afóutanxe xunta-las listas
para mandar no consistorio. (1)

As virtudes dos partidos
non cambian «nin por esas»
en canto están no cume
presto escuecen as promesas. (1)

E o pobo segue igual
ninguén lle muda o embigo
que unha cousa é predicar
e outra cousa é dar trigo. (1)

Máis con esta nova rúa
de solo xa non hai falla
que moita xente especula
aló pola Garaballa. (1)

Dixeron os que gobernan
que con votos abondosos
en quince ou vinte días
adeus pasos perigosos. (1)

Por riba do Castro de Lugo
furan e fan retratos
das canles e das vivendas
dos sobriños de Pilatos. (1)

Nin a Xunta nin o Concello
poden coa especulación
en temas da construcción
só manda a Asociación. (1)

O novo Hospital Xeral
Non se sabe quen o argalla
xa veredes como ó final
lévano para Baralla. (1)

Non atinan coa solución.
E ármase o gran cacao
nin se fai en Montirón
nin alí en San Cibrao. (1)

No multiusos da Xunta
traballan con mascariñas
¿quizabes mellor non estaban
nas antigas oficinas? (1)

Tamén esixen fiestras
porque aire puro fai falla
poden colle-las carpetas
e traballar na Muralla. (1)

Con tanto mudar de terreo
para o cuartel de San Fernando
se non nos están a enganar
é que nos están toleando. (1)

Faremos unha novena,
un triduo e responsorio
a ver se ó final sae á escena
o prometido Auditorio. (1)

A Ronda Norte de Lugo
endosáronlla a Fomento
pois para pagar as terras
non hai cartos no Concello. (1)

Ó lado, no Monterrey,
indagan vestigios e razas
e os restos cos que topan
son xarras, vasos e tazas. (1)

A Avenida da Coruña
acaban de rematala
a ver se antes de tres meses
non volven xa a furala. (1)

Esteamos sempre unidos
esta é a nosa cidade
e á muralla que a fagan xa
patrimonio da Humanidade. (1)

Cidadáns de Lugo enteiro
acábanse estas letriñas
¡ Ata o ano vindeiro
noutro enterro da Sardiña! (1)
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES