Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da Nai

jueves, 03 de mayo de 2018
As primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, en honor de Reha, nai de Júpiter (o deus do Ceo). Os romanos chamaban á efeméride A Hilaria, e tiña lugar o 15 de marzo, no templo de Cibele.

Os primeiros cristiáns transformaron as celebracións en honor da Virxe, a nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de maio, por ser o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus, e por ser o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cunha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente.. Na maioría dos países europeos celébrase o primeiro domingo de maio; pero non en todas partes é o mesmo día, pois ademais de en EE.UU., tamén en Alemaña se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinoamérica a data varía, a veces por motivos ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleu o día 30 de maio porque nesa data era o cumpreanos de Casimira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente daquel país na década dos 40; na Arxentina, o día sinalado é o terceiro domingo de outubro…

Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial en Foz, no ano 1968. Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, que presidía Martín Jaureguizar, organizara a festividade cunha velada literaria no entón cine Cageao, ateigado de público, ó que asistiran os alumnos/as dos colexios do concello; acto que pechara o escritor e político da República, don Ramón Fernández Mato, que entón residía na nosa vila, coa brillantez do seu verbo florido e a súa simpatía: sen dúbida todo un broche de ouro para un evento no que as frores e poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento.

Ó seu remate, membros da xunta directiva trasladáranse a Cordido, para homenaxear no seu fogar á nai mais vella do concello: Basilia Alvarez Sáa, viuva, de 81 anos, nai de tres fillos.

O acto, pola súa singularidade e brillantez, quedou por moito tempo na memoria olectiva. Hai xusto 50 anos.

Nai!, adorada nai!, mártir escura,/ branca pombiña, arruladora e tenra/ai, se souperas como me deixabas…/ non te morreras./
Nunca reiciña,/ nunca como agora/falla fixéronme os teus bicos mornos;/choveo por mín chuvia de sangue, e traio frío nos ósos./
Melancunía, Musa dos doentes,/ do meu esprito, noiva feiticeira,/ ¡déixame que hoxe no teu colo dorma,/ sono de pedra!”…

Os versos que anteceden pertecen ó poema “Na morte de miña nai”, de Curros Enriquez.

(Suso Fernández é Cronista Oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES