Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida é froito do amor

jueves, 03 de mayo de 2018
A vida é o regalo máis grande que se nos dá.
É froito do Amor.
Soamente o AMOR pode enxendrar vida.

Todos cantos viñemos a este mundo somos o froito do amor dos nosos pais.
Unha de moitas posibilidades é o feito de que nós poidamos disfrutar de tan valioso don sendo tal como somos.

Todos somos diferentes, pero todos temos un valor infinito.

Por esta razón deberíamos, antes de nada, aprender a amarnos a nós mesmos antes que a ninguén.

Quen non se ama a si mesmo, tampouco ten amor para os demais.
Se de verdade nos amaramos a nós mesmos como é debido non xogaríamos coas nosa propia saúde: física, mental, espiritual…

-Cando vemos persoas que se expoñen a perigos innecesarios, que afectan á propia vida; pensamos que algo falla e pensamos ben.
¡Que pena que haxa persoas que se metan en vicios que poderían evitar!
A delincuencia, a droga, a tentación…
¡Que lástima me dá que teñan tan pouco aprezo pola súa propia persoa!
¿Qué futuro lles espera?

-Cando vemos que persoas desaproveitan a formación académica por darse á boa vida, pensamos que algo falla e pensamos ben.
Sen formación, carecemos de opinión.
Sen formación non podemos facer con eficacia ningún labor que esixa responsabilidade.
Certo que hai persoas atrevidas que din que teñen tal ou cual tiltulación e preséntase para cargos políticos e despois pasa o que pasa.
¡Que vergonza!
¿Onde teñen esas persoas a dignidade?
Hai algún caso que o recoñece e dimite, pero o mal xa está feito.
Algúns dimiten e outros son expulsados.
¡Que menos!
Pero o verdadeiramente digno sería non mentir.
A mentira desacredita a quen minte e tamén ós complices.

-No tocante á ética, á moral e á espiritualidade; cada quen interprétaa como lle convén.
Cando escoitamos, lemos ou vémo-las noticias en calquera medio de comunicación social; o que máis destaca é a “conducta distraída” dalgunhas persoas que se saltan tódalas normas ético-morais habidas e por haber.
¿Onde queda a dignidade do ser humano?
Certo que a maioría das persoas, como vostede e coma min, intentamos que os nosos actos nos deixen quedar o mellor posible por onde queira que vaiamos.

Cando nos encontramos con persoas de “conducta pura e limpa dentro do humanamente posible”, -porque fallos témolos todos-, xa respiramos tranquilos.
Afortunadamente, aínda queda moita xente boa.

Pero as mellores persoas non fan ruido; actúan caladiñamente e non son noticia.
Non son noticia, pero son o verdadeiro motor da sociedade que conduce a bo porto.
Dicimos que o mundo está mal.
Dicimos que os gobernantes botan o país perder.
Dicimos que non hai formalidade na xente.
Dicimos que nos pisan os nosos dereitos.

Dicimos, dicimos, dicimos…
Pero… ¿Qué facemos para que eso non suceda?
Pouco podemos facer, pero algo si.
“ALGO PODEMOS FACER”

Este será o título do seguinte artigo.
Algo faremos porque por algo e para algo somos froito do amor.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES