Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ocultamentos ó redor do Quixote (II)

martes, 18 de septiembre de 2007
Ocultamentos  redor do Quixote (II) 2. UN LINAXE IMPORTUNADO****
Coidamos que, por ter nado en Zambeze, non podemos chamar bantú ó fillo dunha lagarterana, nin que por facelo en Alcalá, Cervantes sexa de alí esencialmente -moito menos aínda que o “Quixote” fora afanosamente escrito en Alcalá, entre todos-. Polo que ós galegos toca, coido que, coa presunción dun linaxe galego para Cervantes, non vamos gorronearlle eiquí a festa a Alcalá . Soamente queremos entender mellor a don Miguel. Pero de paso, ofrecerlle tamén ó pertinaz carpetovetonismo dos cervantistas, a máis razoable “rebaixa” dun españolismo integrado.

Primeiras expectativas
Como se sabe, Cervantes é o toponímico da terra galega aproximadamente comprendida entre as cumes dos Ancares, os ríos Ser e Navia e unha liña próxima e paralela pola dereita á estrada que baixa dende Pedrafita ata o Navia. Tamén, inda que menos importante, Saavedra é un toponímico de orixe paradoxicamente antroponímico que refírese ó palacio (non “pazo”) dos Saavedras en Vilarello, precisamente dentro e o sur da Terra de Cervantes. O toponímico Saavedra ten ademais para Saa un predicamento claramente vernáculo (vedra = vetera = veterano, máis que vello). Doutra banda o apelido Saavedra foi e inda é caracteristicamente abondoso entre nós. Por último, en ningures hai precedente algún da simultánea superposición espacial e onomástica de todas estas cousas. As dúas toponimias son pois notoriamente autóctonas, aparecen onomástica e topográficamente superpostas, non teñen precedentes neste senso en ningún outro sitio e, como apelidos, foron e inda están sendo abundosamente empregados en Galicia.
Dende outro punto de vista, e pese ó “humor negro”de Quevedo, a condición humorística de Don Miguel na Castela daquela época é para nós, cando menos, exótica -dunha rareza comparable á excepcionalidade do propio Quixote-. Inda que non pretendemos establecer eiquí as distintas clases de comicidade posible, coidamos que todos elas teñen unha cousa en común: unha especie de reacción nerviosa fronte ó absurdo. E que, dentro de elo, o humor, que non chega a producir gargalladas, semella ser a “risa” do cerebro: a so-rrisa (a risa polo baixo?). O humor require pois certo grado de expertez para, polo menos, recoñecer o absurdo -a lóxica, que é en cambio o absurdo dos tontos, soamente produce risa pero desatentadamente e a destempo- Pode que o humor de Cervantes proceda da súa incapacidade para rirse de Don Quixote. Porque, coma os duques e don Pedro Moreno, Cervantes semellaba querer profundamente a Don Quixote e a Sancho -case tanto coma eles mesmos se querían-, e a comicidade coa que don Miguel intentaba arrodealos raramente lograba chegar a mortificación chirigotera. Pode que o humor consista tamén, e moi sinaladamente, nesta manifestación de simpatía, de adhesión ó absurdo. Sen atribuír ós galegos pois en exclusiva esta clase de humor, coidamos impero que resulta significativa a nosa propensión a el, e tamén, coma dixo Azorín, a nosa aportación dos mellores e case únicos humoristas da España postcervantiña (Camba, Fernández Florez, Valle Inclán, Cunqueiro, Cela, Castelao, Gonsar, Taboada, etc...). Insistindo no relativo exotismo deste antigo humor, presentamos unha proba máis contemporánea da situación: a propósito do Quixote, Ortega di “...no existe libro en que hallemos menos indicios para su interpretación...”. Semella que Ortega –coma gran parte dos casteláns- non chegou a comprender nunca que non hai outra interpretación do humor que o humor mesmo.

Xenealoxías corroboradoras
Pero quizais a nosa máis forte expectación nos veña da información xenealóxica que recibimos de López Pombo. Según el, don Miguel era fillo dun Rodrigo Cervantes Saavedra, neto de Juan de Cervantes Saavedra e bisneto doutro Rodrigo de Cervantes Saavedra, pai e avó aqueles nados fora de Galicia pero coa forte probabilidade en cambio de que o bisavó nacera no Pazo dos Saavedra, en Vilarello, Cervantes. Coma tamén nos di o propio López Pombo, no mesmo texto do Quixote un cativo de Arxel (¿o propio Cervantes?) conta ademais: En un lugar de las montañas de León tuvo principio mi linaje...
Á espera de máis autorizadas opinións, non podemos por menos de subliñar aquí tanto a significativa adhesión a estes dous apelidos de catro xeracións sucesivas de Cervantes, coma o feito de que a Terra de Cervantes -vertente suroccidental dos Ancares- formara parte de montes chamados tamén, as veces, de León -como sono tamén realmente hoxe en día as colindantes vertentes orientais da mesma montaña-. Non menos fiable é para nos a existencia dun expediente de fidalguía que abunda nestes extremos.*****

3. OUTROS ESCAMOTEOS “COLATERAIS”
Exceptuando a xente coma Chamoso Lamas ou Xermán Vázquez, existen bastantes escamoteadores onomásticos dos textos cervantiños. Por exemplo, moitas das edicións modernas do “Quixote” ilustran a súa escota dedicatoria inicial ó Conde de Lemos cunha nota ó pe co segundo apelido cambiado.
Inda que estas onomásticas estiveran preto das entón recentes normas tridentinas, nono estaban en cambio da moi evidente vontade deste e doutros sete condes homónimos, moi satisfeitos titulares todos eles da profunda significación castelano-galega dos seus dous primeiros apelidos.
Porque, o noso innominado mecenas era Pedro de Castro Andrade, admirador, protector, amigo e hóspede en Monforte e Nápoles de Cervantes, Lope de Vega, Góngora, Quevedo, os Argensola, Velez de Guevara, Padre Suárez, etc... -practicamente todo o Século de Ouro español-.
Cervantes, xa moribundo, dirixe a don Pedro o seu derradeiro escrito: Sepa -di- que tuvo en mi un tan aficionado criado de servirle que quiso pasar más allá de la muerte mostrando su intención.
Ben se merece pois o conde o seu nome -polo menos-.


NOTAS
*Entre parénteses, tras cada pequena tese en negriña, engádense ordenadamente textos correlacionados e demostrativos do Quixote, en bastardilla -.
**En Castelán, a palabra “campo” ten moitas acepcións pero entre elas interesan preferentemente as que se opoñen a “cidade” e a “monte” -e, neste derradeiro caso, tanto no senso xeomorfolóxico (por ser predominantemente chan) coma no agrícola-cultural (por non ter estes “campos” practicamente árbores e dedicarse sobre todo a cultivos de secano ou a pastos de gando menor)-. Se di ademais que Montiel era a antiga cidade celtibérica Munda (non a Munda bética) onde os romanos, ó mando de Cneo Escipión, venceron ós cartagineses e que, significando “limpa”, ben poidera corroborar a súa efectivamente nítida e cha condición infraarbórea de “campo”.
***Inda pódese ser máis lacónico. Nun libro de catrocentas páxinas que certo escritor francés dedicou “As ideas relixiosas de Voltaire o autor remata subitamente o seu traballo así: “Voltaire non cría en Dios”. Menos mal.
****Pequenas mostras dun inusual humor cervantiño:
O “listo” labrador que vai pedíndolle ó gobernador don Sancho recomendacións e dote para conseguirlle esposa ó seu fillo, descríbe así á rapaza: La doncella es como una perla oriental, y mirada por el lado derecho parece una flor del campo; por el izquierdo no tanto, porque le falta aquel ojo, que se le saltó de viruela;/... y con todo esto parece bien por extremo, porque tiene la boca grande, y a no faltarle diez o doce dientes y muelas, pudiera pasar y echar raya entre las más bien formadas.De los labios no tengo que decir, porque son tan sutiles y delicados, que si se usara aspar labios pudieran hacer de ellos una madeja;./...parecen milagrosos, porque son jaspeados de azul y verde y aberenjenado.../...que si pudiera pintar su gentileza y la altura de su cuerpo, fuera cosa de admiración; pero no puede ser, a causa de que ella está agobiada y encogida, y tiene las rodillas con la boca, y con todo eso se echa bien de ver que si se pudiera levantar, diera con la cabeza en el techo, y ya ella hubiera dado la mano de esposa a mi (futuro) bachiller, sino que no la puede extender, que está añudada, y con todo en las uñas largas y acanaladas se muestra su bondad y buena hechura. En resposta as disculpas do labrador pola súa prolixidade da súa pintura, Sancho responde: Pintad lo que quisiéredes que yo me voy recreando en la pintura, y si hubiera comido,no hubiera mejor postre para mi que vuestro retrato.
*****Majó Framis di: “Cervantes es un patronímico y corresponde a Servández, hijo de Servando...”/ ”No hay pues nobleza territorial en el apellido Cervantes , y quizás por ello nuestro gran don Miguel,... -y porque Cervantes era entonces apellido que llevaba mucha gente- añadía aquel Saavedra de más potente sonoridad nobiliaria”. O problema é que, sendo efectivamente Cervantes un patronímico, non foi “o seu gran” don Miguel o inventor do aditamento. Pola contra, se algún inventor houbera, sería -coma sabemos- o máis antigo dos seus tres inmediatos devanceiros. Doutra banda, e independentemente de quen teña razón, estes escolares, mínimos i excluíntes argumentos non son razoes. Resultan necios.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES