Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mato, un premio para as medallas de ouro

miércoles, 25 de abril de 2018
Falar de Xesús Mato é falar de Galicia, da Galicia eterna da que Novoneyra describía asubiando polo baixo senón cantaba polo erguido. Mato é o cerne dunha xeración que decidíu deixar de asubiar para cantar alto e claro. Isto supuxo un importante custo que Mato, un premio para as medallas de ourochegou incluso a por en perigo á integridade física; mais todos sabemos que a férrea integridade moral vence sempre calquera ameaza, aínda cando esta se chega a executar.

Mato, Matuquín, Mini, Mero e tantos outros son os revolucionarios dunha xeración que non só trouxo a apertura de certas liberdades (hoxe en día non sei se se pode chamar democracia, dado o que se está a vivir) senón, tamén, a demanda dunha xustiza social que nos permita vivir en igualdade alén das circunstancias persoais.

Agora, falo de Auxilia, das súas colonias que constituíron un exemplo predecesor do que logo foron os campamentos da Xunta. Daquela, loitar pola identidade, pola língua e pola igualdade de oportunidades era unha fronte común que abríu a mente a toda unha xeración inclusiva que loitou dende a escola por unha realidade máis xusta e que, aínda hoxe, xa xubilados segue loitando polo mantemento e mellora desa sociedade.

Volvendo a Novoneyra, lembro o verso de “Galicia, será esta miña xeración quen te salve?” e lembro que meu amigo Xulio Cuba respondía que a Galicia téñena que salvar todas as xeracións: Pois ben, Mato, con toda a súa xente, puxo a pedra angular desa salvación e fíxoo traballando en frontes diversas: dende o rural, fomentou a visibilización da discapacidade pero, tamén, se ocupou dos nosos maiores e procurou constituir unha verdadeira comunidade tal e como Xesús a entendía. O seu foi pura praxe transformada en poesía cando se necesitaba beber azos de forza e luz para seguir loitando.

Alguén me preguntou porqué debía firmar para que Mato reciba a distinción da Medalla de Ouro de Galicia. En primeiro lugar, hai que dicir que Mato é Galicia porque ao seu paso deixa unha Galicia mellor. Se esto fora pouco, pódese falar coa xente con diversidade funcional daquela época e comprobar a emoción coa que falan de Xesús. Nunca vin ninguén que despois de falarlle de Mato, non manifestara o desexo de coñecelo e nunca vin a ninguén que despois de coñecelo non ficara impresionado.

En segundo lugar, xa é hora de que Galicia empece a recoñecer aos que traballaron por ela en silencio a totalidade dunha vida. Isto no caso de Mato é indiscutible.

En terceiro lugar, hai que lembrar que estas medallas levan o nome de Castelao e creo que o humanismo de Mato pon en práctica as ideas dun mundo diverso que Castelao reflicte na súa obra. Lembremos a Rañolas, o pai de Migueliño ou aqueles dous vellos que tamén tiveron mocidade. Mato tratou de dignificar todo o que Castelao destacaba e reflectía nos seus escritos; polo tanto, ninguén coma el vai facer honra a esta distinción porque é un verdadeiro materializador da obra de Castelao.

Por todo isto, creo que a Medalla de Mato é unha honra para Galicia, para a súa historia e para o propio Castelao que estou seguro que nesa eterna República Galega na que é inmortal dará un chimpo de ledicia para latexar no corazón de Mato se a medalla que leva o seu nome colga do peito deste loitador imprescindible.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES