Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

ASPNAIS: imaxe e palabra

miércoles, 18 de abril de 2018
Hai agora unha semana innaugurouse na biblioteca González Garcés da Coruña a exposición itinerante que conmemora o 50 aniversario da asociación luguesa ASPNAIS. É unha exposición que recolle, en imaxes e palabras, unha historia íntegra de loita pola dignidade das persoas que ten como cerne a súa inclusión plena na sociedade e que conta coa alma máter boa e xenerosa de Xulio Xiz.

Este obxectivo reuniu aos fotografos Alberto López, Fernando Gago, Gerardo Lozano, Germán Limeres, Inma Purriños, Julio Leira Sanmartín, María Victoria Fernández, Eduardo Rodríguez Ochoa, Óscar Cela, Peter Schneider, Xosé Manuel Otero Castro, Yolanda Purriños, Alvez, José Reigosa, J. Vazquez e Sebas Senande cos escritores  Helena Villar Janeiro, Xose Lois García, Carlos López Fernández, Xosé Otero Canto, Felipe Arias Vilas, Xoán Xosé Fernández Abella, Antonio Reigosa, Xosé María Gómez Vilabella, Francisco Javier Neira Pampín, Germán García Mera, José Luis Durán Mariño, Xoán Neira, Martiño Maseda, Marica Campo, Carmen Blanco, Luis Latorre, Xulio Vacárcel, Eloi Caldeiro, María Xosé Lamas, Francisco Piñeiro González, Paco Martín, Manuel Xosé Neira, Alfonso Blanco Torrado, Ana Isabel Rodríguez, Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, Toño Nuñez, Manuel Regal Ledo, Henrique Alvarellos, Benjamín Santín Carballada, Adolfo De Abel Vilela e un servidor. O resultado colle nunha verba de significado complexo de expresar como é a emoción. Polo tanto, da exposición teño pouco máis que dicir. O mellor é que a persoa que lea isto, se anime a experimentar por si mesma un mosaico de emocións...

Si se pode falar, si é necesario falar, do que significa que ASPNAIS teña unha exposición itinerante para proxectarse exteriormente sendo apoiada por tantas persoas que, ademáis, visitaron a asociación e reflectiron (en verbas ou imaxes) o impacto que lles provocou. A partir de aquí ASPNAIS sae da casa para amosarse como un piar dunha sociedade aberta, solidaria e inclusiva; convertendo a súa historia nunha man tendida á sociedade para forxar un futuro común.

Esta iniciativa debe difundirse ata converterse nun xerador de ideas que forxen unha interación plena da sociedade coa súa propia diversidade. Só a interación sementa un coñecemento novo baseado na experiencia vivida. Polo tanto fomentala é unha obriga socioeducativa que esta exposición cumpre plenamente.

Cómpre desexarlle a “ASPNAIS: imaxe e palabra” unha longa itinerancia (vén de Lugo e vai para Compostela) que non pare ata que o seu contido se grave como un petroglifo nas conciencias converténdose nunha obviedade indiscutible.

“ASPNAIS: imaxe e palabra” estará na biblioteca González Garcés da Coruña ata o 30 de abril. Quen isto lea, residindo na cidade, non pode permitirse o luxo de perder a oportunidade de vivir este mosaico de emocións.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES