Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Novo Curso

jueves, 13 de septiembre de 2007
Vimos de iniciar un novo curso. Obriga a cambiar o paso, nas familias, pero tamén na sociedade, en xeral, pois as comunidades escolares son un remanente de vida e actividade no seu medio, e por outra banda, redobramos o esforzo, na responsabilidade de renovar e facer medrar a cultura. Unha tarefa engaiolante, tomar conciencia de que todos colaboramos no nivel de educación do medio, a través dunha interacción dinámica que vai creando nexos na familia, entre os veciños, coma cidadáns... As programacións reguladas son importantes, pero refugamos a exclusividade da simple instrucción ou memorización de contidos. Entre nós, hai unha comunicación espontánea de actitudes, xestos, emocións, que axudan na construcción das persoas. Por iso, os meses de curso reforzan a tensión de camiñar xuntos: parentes, mestres, escolares, institucións, asociacións, etc… Un intercambio arrequentador, distinto da cultura consumista que están a impoñernos, onde non importan as persoas coas súas diferencias, e convértennos en números e mercancías, aptas para o negocio. A sensibilidade que promovemos neste período escolar, convida ao esforzo, de compartir cada día as ferramentas da información, a técnica, as ciencias e as artes. Non son só os textos escritos do ensino, é o universo audiovisual e as novas tecnoloxías que fornecen os nosos fogares. A educación é sempre dialogal. Tamén as demoradas sesións de televisión, internet, radio..., esixen comunicación e debate dende a liberdade, no medio das familias e amigos, exercendo de cidadáns e non de simples consumidores. Non podemos permitir que estes poderosos medios, nos infantilicen toda a vida, diminuíndo a viveza da creación e imaxinación. É máis constructivo estar aberto cada día ás novidades e sorpresas do encontro nas escolas, na rúa, nas casas, abrindo a táboa redonda, para compartir e comentar en grupo, as adquisicións, achegas, frustracións..., dos membros do colectivo, principiando polos escolares, pois na educación non hai idades, e todas e todos estamos enrolados no mesmo barco.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES