Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conexión coa Universidade en Lugo

jueves, 12 de abril de 2018
Adóitase crer que a Universidade está desconectada de Lugo, e Lugo da Universidade; que nin os lucenses entramos nos ambientes universitarios para coñecer o que alí ferve, nin os estudantes invaden a nosa vida cultural e social para avivala.

Pois hai uns días puiden comprobar, como activista cultural lucense, que por parte da Universidade se poñen en funcionamento mecanismos de coñecemento, análise e relación para mellor coñecer a través do diálogo coas xentes que se moven na cultura da capital as realidades, vantaxes, problemas, solucións e futuro.

É un traballo da Facultade de Humanidades a cargo de alumnos do Grado de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, para estudiar a estrutura do sistema cultural de Lugo.

Dentro dese estudo están a falar con representantes de entidades culturais, para confeccionar unha serie de mapas nos que plasmarán representacións e impresións da realidade cultural lucense. Farase unha posta en común cun debate entre todos os participantes, e as conclusiones serán presentadas o 15 de maio na Facultade de Humanidades, en acto ao que se invitará a cargos públicos, entidades culturais e medios informativos, para dar a coñecer os resultados da investigación.

Humanidades leva anos loitando para formar profesionais da xestión cultural que poidan desempeñar o seu traballo en institucións e organismos vencellados á cultura, de maneira que poidan consolidar os indudables avances que o voluntarismo cultural conseguiu no case medio século que as asociacións culturais foron buscando un lugar, primeiro na Dictadura, logo na Transición, e por fin na Democracia, para crear redes, realidades culturais que as institucións non querían ou non podían conseguir.

Pode haber un baleiro entre a cidade universitaria e a capital lucense e os seus poboadores, pero moita culpa será nosa por non achegarnos á realidade incrible da formacion superior para varios milleiros de mozos lucenses, chamados a gobernarnos no futuro, que loitan contra todos os elementos –crise lle chamamos a moitos deles- para facerse un lugar na nosa sociedade.

En Humanidades queren achegarse á realidade cultural da capital lucense. De paso que o vaian conseguindo, acabarán conquistándoa. E será moi bo para todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES