Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confín dos verdes castros

martes, 11 de septiembre de 2007
O Himno Galego, do que se está a cumplir o centenario, fala de Galicia como “confín dos verdes castros”, aludindo a que aquí, no remate do mundo coñecido, se da unha sobreabundancia destes monumentos do noso pasado que nos convirte nun País especialmente beneficiado á hora de investigar e coñecer de onde vimos.

Cando se fala dos castros galegos mencionase a cifra de 5.000, quizáis para redondear, pero sempre para poñer de manifesto á riqueza destes asentamentos humanos que as lendas asignan ó “tempo dos mouros”, e os entendidos teñen perfectamente datados na época prerromana (hai, pois, máis de dous mil anos), pero que seguiron utilizandose moito despois da chegada de Roma a Galicia.

Confiados en que estes monumentos, a maior parte soterrados, tiñan perfecta protección legal, entendiamos que os máis importantes deles estaban declarados Bens de Interese Cultural, cando nos enteramos de que ata agora só o de Elviña na Coruña e o de Santa Tegra na Guarda teñen esa especial categoría mentras que outros monumentais como os de Viladonga e Fazouro en Lugo, Baroña na Coruña, San Cibrao de Las en Ourense e Penalba en Campo Lameiro/Pontevedra non tiñan esa protección.

A Consellería de Cultura e Deporte vai declarar Ben de Interese Cultural os que se consideran os vinte castros máis destacados de Galicia, entre os que están os mencionados e algúns que soan menos pero meréceno igual.

O Director Xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias Vilas, ten expresado repetidas veces o seu parecer de non apresurarse coas excavacións dos castros, para que o que se vaia atopando poida ser estudiado axeitadamente e situado nun museo ó abeiro de calquera perigo. Parécenos ben.

Como nos parece moi ben esta declaración de B.I.P. destes vinte castros, que garante a preocupación da Administración por eles, a súa protección especial, definición e delimitación. É moi bo sinal.

“E pur si muove!”, afirmou Galileo. A administración móvese para que, no “confín dos verdes castros”, poidamos seguir estando orgullosos deles, coñecéndoos e estimándoos mellor. ¡Parabéns!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES