Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E que estas palabras nos abracen...

viernes, 07 de septiembre de 2007
Pois así indo de camiño a paso a paso,
facendo parada aquí en Outeiro da Chaira,
a horas doces deste noso anaco de sol,
a setembro vivo e a luz de fe, na tradición,
con fidelidade e na memoria,
velaí MANUEL MARÍA que a ti debidos,
queremos tal oración que estas palabras nos abracen,
pois elas... postas nos ventos da voz diferenciada,
na melodía plural de ecos en irmandade
e a contidos de proxectos de dignidade,
queren por deber e diante túa proclamar PATRIA...
e determinar POBO...
... O DO GALEGO!

Nos corazóns de identidade nacional,
agardando andando e militantes na esperanza,
na responsabilidade de construcción doutra Galiza posibel,
e sen facérmonos reféns de favores nin previlexios,
nesa urxencia...
confesamos compromiso de loita resistente
ao pé de ti MANUEL MARÍA…
que foches voz valente cando nos agolaba tanto silenzo,
e que así ti hoxe nos orientas...
no deber cotiá de nos dar a prol do que non temos,
do que aínda non somos,
para o logro dos días da liberación feliz,
a azul e branco,
e nos cales sen alarmas poder bradar aberta e docemente...
... TERRA!

MANUEL DE GALIZA...
ti non estás ausente...
e de hoxe facemos día do tempo dos nosos corazóns.
Día dos de lle ofrecer un falar ao mundo no teu nome
a soares irrenunciabeis de palabras nosas.
Un falar a acentos de amor que nos coloque en abrazos solidarios,
bebendo en cuncas elaboradas por mans traballadoras,
onde as ideas a nectar esencial atopen doadamente as súas formas,
e así logo competentes, falando porque buscamos,
gustaremos de nos atopar, de nos recoñecer,
e semearemos sentimentos... e lealdade...
na humildade do orgullo dos nosos máis limpos desexos...

... os de nos proclamar definitivamente LIBRES.

Setembro, 2007.
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información