Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Chaira dos nosos soños

jueves, 06 de septiembre de 2007
Este sábado, 8 de setembro, volveremos a peregrinar ao Campo de Santa Sabela e ao Cemiterio de Outeiro de Rei, no 3º cabodano de Manuel María. Coa mesma unción que hai catro anos, ergueremos a súa palabra coma a mellor arma contra a morte. O día onverteuse, xa, “na memoria da chaira enteira”, no mesmo berce do guieiro de todas as Galizas, o seu intérprete fiel, porque a súa escrita abrolla da sinceridade máis radical.

A mellor lembranza é seguir léndoo, por iso antes, cómpre deixarse mecer pola melodía dos soños, e van celebrarse os 30 anos da tradución ao portugués de “Os soños na gaiola”. O Muíño do Rañego volverá a agasallarnos cunha muiñada ateigada de foulas e pantrigo: especialistas na obra de Manuel María en relación con Portugal, coma o profesor da Universidade de Santiago e director de Agália, Carlos Quiroga, a escritora Paula San Vicente que publica en Portugal, e os/as escritores e mestres Concha Blanco, María Xosé Lamas, Paco Martín e David Otero van afondar na presenza de Manuel María na vida cotiá das escolas do país. Non é un congreso, é unha celebración de Manuel María entre nós, para sempre. Por iso, nun segundo momento, vai colocarse o 2º hectómetro literario do Paseo dos Soños, refrescados polo Rañego, que nos converte en nenas e nenos, capaces de sorprendernos cos segredos e misterios dos soños de cada amencer. Estes marcos son unha chamada en pedra e ferro, á festa da palabra que é este recanto da nosa terra. “O Muiñeiro de brétemas”, vai recoller cada mañanciña os soños, para liberalos da gaiola e facelos voar polos aires infindos de Galiza. Neste día, Saleta, a dona de Manuel María, e nenas e nenos, van comunicar os primeiros soños, enchoupados no orballo da memoria propia da xornada.

Despois vivirase e proclamarase a palabra do bardo chairego, a carón do Río Ladra, en Penas de Rodas, ao pé da súa tumba, no Campo de Santa Sabela... O que máis honra ao poeta, é volver a escoitar os seus versos, na voz e na música do pobo, que segue sendo consecuente co seu compromiso. Porque a súa voz aínda é máis resistente ca pedra chantada, que se ergue na ribeira do río. Os soños na gaiola é o libro máis musicado, por iso, na tardiña, vai escoitarse, abrazados polo Río Miño, a Miro Casabella, A Quenlla, Antón Valcarce.

Unha das constantes deste home xenial foi abrir camiños de liberación, para os que viñesen despois, que non tivesen que sufrir as eivas que oprimiron a súa experiencia vital. A escola nos anos de represión, motiváronlle unha nostalxia. Era un ensino afastado da realidade, non só do idioma, tamén da cultura popular que el estaba aprendendo da xente maior, á que escoitaba con moita devoción. Botou en falla os libros de contos e os referidos a súa terra. Esta frustración non faría máis que empurralo a recrear moitas lendas chairegas e contos populares: as das Penas de Rodas, as lagoas de Cospeito ou o Pozo do Ollo… E, sobre todo, a publicar dous libros que son unhas sinxelas enciclopedias de todo o noso, para os que están a iniciarse nos coñecementos: Os soños na gaiola (1968), unha das súas obras máis editada, que escribiu aos 30 anos, e As rúas do vento ceibe (1979), que é a nosa historia matinada para xente máis vilega. Cantigas que mamaron tantas e tantos nenos: “Galiza somos nós:/ a xente e mais a fala/ ¡Si buscas a Galiza/ en ti tes que atopala!”. Son moitas e moitos os que recoñeceron que se iniciaron no galego, recitando ou cantando: “o cuco, cuco, cuqueíro…”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información