Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poesía e Leuros

jueves, 29 de marzo de 2018
Ó meu amigo Jesús García

O pasado vinteséis de Marzo, co gallo da entrega ó Seminario “Terras de Viveiro” da colección de revistas de poesía “Cuadernos del matemático”, labor dun instituto de Getafe e obra xentilmente doada polos seus responsables, lembreime de varias cousas: A poesía existe; os entes oficiais tamén, pero desconócena, ou alomenos esquéncena; e, por se eu tamén me esquecera, a importancia dos egos.

Dicían os responsables que era unha revista semestral e que a financiaban uns anunciantes que coido son amigos deles. Cada día teñen máis problemas financieiros porque os leuros, cando iles estaban en plena producción, adicábaos Esperanza “Horrible” a paga-los concertos da Pantoja, namentras os nenos dos colexios de Getafe chegaban sen almorzo. Iso alomenos ocurría en Villaverde. Cousas veredes e prioridades dos corruptos tamén.

Cando istes poetas, persoas xenerosas, estaban amosando o froito do seu esforzo e comentaban que no sur de Madrid apenas existía ningún grupo consolidado que se adicara a ista labor, lembrei como nos anos oitenta algúns de Getafe aparecían pola rúa de Segovia en Madrid, Arty Bar, la casa del Poeta, e participaban connosco nos recitais polas rúas. ”Poesía en la calle”, que tamén poderíamos chamar, vista a colleita, soños ó chan ou parvadas de infelices. Pero reconforta saber que aínda haxa quen crea.

Da poesía só se acordan as almas sensibles ás que lles chegan os poemas, pero García e máis eu -con Xan Neira entendémonos cunha ollada- falamos moito dista sociedade só pendiente do leuro e que vive para una serie de cousas que nos resultan tan alleas como valeiras. É cousa máis elegante, que non falar de cartos!

Dicían, e con moita razón, que no sur de Madrid apenas se falaba de poesía. Daquela nin en Leganés- no colexio algo fixemos-, nin en Fuenlabrada sabíamos de nada. Só atopei no Cruce, barrio de Villaverde Alto, cando nos invitaban a recitar antes da verbena, a un obreiro que recitou un ”padrenuestro” que ben viría agora para a Semana Santa. Valentía, fervor e fermosísimo. Todo o que existe e que eu saiba, a nivel poético en España, se exceptúamos Orihuela por Miguel Hernández e Córdoba porque hai tradición de escola, funciona igual que estas persoas de Getafe. O resto farrapo de gaitas, autoedición e cartos da casa. E nos recitais poéticos, catro e a caixa. Tamén depende dos pinchos. E na prosa, un pouco máis, moita camarilla de amiguetes, reparto de premios e menos lobos. Se se publica moito, véndese pouco e léese menos. A quén se engaña?

Na revista en cuestión dixéronme que estaban alomenos dous coñecidos meus. Preguntei e acertei. Non hai como ser vello zorro para saber como a xente fai curriculum e se busca a vida amosando a súa ambición. Son xeitos de facer camiños. Iso é coma todo na vida, uns pasean e outros traballan. Uns tratan de ser famosos e outros agochan a súa valía nas follas do camiño coma D. Benjamín González Quelle, cura oriundo de Covas, logo párroco de Burela e hoxe retirado no Seminario de Mondoñedo e a quen lle debo publico recoñecimento e gratitude.

Os poetas, amigos, son xente rara. Uns coma Teolindo Pardo, andaban pola rúa coa súa “Carretilla” e amósannos a realidade da vida cunha intelixencia e unha serenidade extraordinaria; outros, como Ángel Méndez, emocionábanse de tal xeito ante o que amaban, que perdían a noción do espazo e do tempo (El reloj ou Benidorm); outros son máis intimistas… hainos de moitas razas e hainos tamén, que aínda que escriben poesías, non son poetas porque, aparte de decorar moi ben, non din nada.

Grazas, poetas de Getafe, porque por un intre recordei que existe a poesía e non estaría mal reparar nela. ¿Verdade, amigo García?.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES