Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tolos por prestar, tolos por deber

jueves, 06 de septiembre de 2007
Téñennos avisado profusamente de que non fagamos caso das ofertas de entidades crediticias que se anuncian nos medios informativos ofrecendo cretos instantáneos para cubrir calquera necesidade, sen máis trámites que solicitalos. Lóxicamente, a apertura de man que eso supón ven supoñer tamén uns elevados xuros, falta de control por parte do cliente e métodos expeditivos para conseguir a devolución das cantidades prestadas.

Nesta guerra -porque é unha guerra- entran tamén as entidades tradicionais, que envían cartas ofrecendo préstamos para que o interesado poida satisfacer todo tipo de desexos. A última que anda en circulación ofrece préstamos persoais de ata 12.000€, agora con motivo do novo curso, con seguro opcional de pagos protexidos, e unha escala de cuotas mensuais a pagar a gusto do cliente.

Nesto que se fan públicas as cifras de endebedamento das familias españolas, que se duplicaron en moi pouco tempo. Parece, pois, que ás institucións financieras lles interesa ternos asegurados, comprometidos, fidelizados, de xeito que o negocio quede garantido aínda nos tempos de vacas flacas que parecen albiscarse ó lonxe.

As entidades están tolas por prestar diñeiro. E parece que os clientes estamos tolos por endebedarnos para consumir. Espiral difícil de controlar, fuxida hacia diante que agardemos dure moito tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES