Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: San Martiño no Camiño

lunes, 03 de septiembre de 2007
A mindoniense Asociación “Abrindo Camiño”, de amigos do Camiño Norte de Santiago, que lidera Xosé Luis Fernández Ansedes, está a realizar unha meritoria labor no laudable empeño de promocionar esta vella senda que conduce ó sepulcro do Apóstolo, parcialmente esquecida no organigrama oficial e un tanto absorbida pola supremacía da coñecida por “Camiño Francés”, que é sen dúbida a estrela dos Camiños.
O entusiasta e permanente traballo de Xosé Luis vai logrando, paseniñamente, a implicación de entes e autoridades a distintos niveis e daquelas persoas incluso de estamentos europeos que teñen moito que ver na vida e potenciación dos Camiños a Compostela, nos que hai que incluir esta ruta ancestral de extraordinario interese social, cultural e económico, como é, por exemplo, “Caminos de Europa AEIE (Agrupación Europea de Intereses Económicos).

Un fito importante no Camiño Norte é a catedral ovetense de O Salvador e ahora o empeño é o de recuperar a tradición medieval de visitar aquéla, á ida ou á volta de Compostela, pois dí unha cantiga francesa que “quen vai a Santiago e non vai ó Salvador visita ó criado e deixa ó Señor”.

Trátase en definitiva de romper unha lanza en favor do Camiño Norte e poñer en valor dende o punto de vista relixioso, cultural e turístico este vello traxecto das peregrinacións, revitalizando este feito histórico, que afecta á nosa bisbarra; nesa liña está a intencionalidade da Asociación Cultural “O Mundo de Galea” que acaba de promover un importante concurso fotográfico, precisamente baixo o epígrafe “A Ruta Pardo de Cela no Camiño Norte” ó que concurriron 18 fotógrafos presentando un total de 160 fotografías, que achegan un valiosos material para posteriores iniciativas tendentes a divulgar o interese histórico, cultural, etnográfico e paisaxístico da nosa bisbarra no entorno do Camiño, e ó que os focegos aportamos a xoia da basílica de San Martiño porque é evidente, con independencia de apreciacións oficiais, que o lugar non só foi paso de peregrinos senon que tivo tamén hospital para atención ós mesmos.

No noso arquivo persoal contamos coa fotocopia dun documento que así o testemuña, no que incruso figura unha relación nominal de viaxeiros, parte deles extranxeiros, que foron atendidos nel, así como algúns dos que morreron e foron enterrados alí mesmo. Está documentada a presencia de peregrinos en San Martiño dende 1531, pero sábese que a construcción do hospital é anterior.

O estudioso deste tema é o historiador focego Juan Ramón Fernández Pacios que, dende o rigor da profesionalidade, demostrou a existencia dunha ruta que enlazaba Ribadeo con Viveiro, procedente de Asturias, que se uniría ó camiño inglés que chegaba polo mar.

Resultas das investigacións realizadas, o experto descrebe o hospital como unha casa de dous andares; na planta baixa estaría a cociña, forno e cuadras, e no superior un coarto ó que se accedía pola cociña, onde estaría un dormitorio principal, un mais cativo para mulleres e unha pequena capela de San Sebastián, separada do coarto principal por unha rexa de madeira; contaba asemesmo con varias fincas.

O pasado sábado, “Abrindo Camiño” organizou unha peregrinación -é a sétima etapa no percorrido Santiago-Oviedo- dende Gontán a Mondoñedo, que continuou a San Martiño. Mais de 350 persoas participaron no mesmo que contou ademais coa presencia dos Bispos de Ourense e Mondoñedo, a coral “Solpor de Celanova” e o grupo folclórico “Lembranza”, en concomitancia coa celebración dunha xornada do Ano Xubilar Rosendiano, con nutrida excursión chegada de Celanova, e a visita ó que foi o espacio mais transcendental na vida do ilustre santo: a antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo. De seguido os excursionistas fixeron un percorrido turístico por Foz e arredores.

Esta xornada, que resultou tan exitosa, enmárcase no programa “O Camiño Norte de Volta ó Salvador”. A organización contou co apoio técnico e de persoal da Delegación de Cultura do concello de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información