Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Debares

viernes, 16 de marzo de 2018
Ir de tapas uns días sinalados ao ano xa é un acontecemento en todas as vilas e algunhas aldeas da Terra Chá, e non é para menos, porque este convite é unha oportunidade para agrandar a nosa vida en todas as facianas. Non só permite coller o pulso desta arte que é a gastronomia que nesta comarca cociña ao tempo o saber das avoas e as practicas máis innovadoras... Antonte rematamos este periplo deseñado por Debares, as e os hosteleiros de Guitiriz, berrando con entusiasmo: “que bo estás Guitiriz”. Foi a expresión máis rexa da satisfación enxergada neste convivio partillado. Estas camiñadas en común puxeron en xogo todos os nosos sentidos. Convertense nun encontro coas familias e noutra andadura con amigos e colegas que atopamos en contadas ocasións. Non podemos esquecer que as tabernas e bares da nosa veciñanza son como a segunda casa de cadaquén onde escenificamos a nosa vida cotiá, celebrando cada amencer en común dende a primeira luz do día ata o brinde no seu ocaso soñando con novas entregas da aventura de cada xornada.

Estes locais son ás veces un parladoiro e outras a mesa común da parentela, e así ao tempo que saboreamos as mostras enxundiosas da arte culinaria as nosas olladas prenden con solpresa de obras de arte penduradas das paredes destes centros culturais que son os bares. ·Estas viaxes artísticas convertéronse nunha fervenza de agasallos, coma foi poder ler algunha páxina da novela xuvenil “Guitiriz” de Carlos Meixide que atopamos nalgún café deste paseo arrequecedor.da nosa saúde individual e colectiva.

Inspirados e inspiradas pola música ambiente puidemos celebrar todas as artes, sen esquecer mostras do audiovisual máis moderno. E non estamos facendo filigranas no aire, senon acreditando coma hai unha simbiose total neste recanto da nosa xeografía humana que son os establecementos de hostalería tal coma transmiten co recendo de cada viño, e así nestas viaxes transpórtannos ás comarcas máis feiticeiras porque cada viño é froito dunha paisaxe diferente que o singulariza, a mesma que en cada recanto agasalla con cores que reflicten a natureza especifica de cada cepa vitícola. De feito a denominación “tapa” acuñouse fai algún século para nomear aquela rabanada de pan cunha loncha de xamón coa que se cubría o vaso de viño para que non perdese a súa fragancia.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES