Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensionistas a prol do intocable

miércoles, 14 de marzo de 2018
Levamos anos vendo o que nunca víramos. Quizáis o que nunca contamos ver. A técnica é sempre a mesma: primeiro a machada e despois unha xustificación macroeconómica dende un púlpito de sabedoría (máis ben de soberbia) cheo de palabras ocas. Isto funciona ata que o sentido da xustiza se farta e arrinca a venda dos ollos. Entón xorde a necesidade de xustiza social.

Os pensionistas que hoxe saen á rúa non só están loitando pola súa dignidade: esa que construíron traballando día a día. Non só demandan un dereito por eles contruído que non é unha dádiva do estado; tamén están na rúa porque este país non perda a dignidade. Os que no 68 loitaron pola democracia, loitan no 2018 porque esta democracia non se convirta en plutócrata. Dito doutro xeito: loitan porque os seus devanceiros sigan sendo cidadáns e non se vexan rebaixados a súbditos segundo o seu poder adquisitivo...

Os pensionistas que saen ás rúas están dando unha lección de ética e dignidade porque, na súa demanda, están legándonos un futuro de dereitos. Un futuro que a nosa realidade fai incerto ante a precarización do emprego e do estado de benestar fronte ás pagas vitalicias dos cargos públicos.

Saiamos con eles! Demostremos ser pobo! Berremos equidade! Espertemos e decidamos democraticamente quen se apreta o cinto porque, dende hai moito tempo, neste país hai dous tipos de persoas: as que xa non lles quedan furados (a maioría do pobo) e as que xa non lles cede máis a goma dos pantalóns.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES