Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É o que nos convén

jueves, 08 de marzo de 2018
Andando pola vida, algunhas veces, atopámonos con persoas que pensan que o máis importante é:

-Ser máis guapo que os outros.
-Ir vestido con roupa de marca e á última moda.
-Ter máis propiedades que ninguén.
-Ser máis listos que os demais.
-Presumir máis que ninguén.
E cousas polo estilo.

SON PERSOAS QUE NO SEU SER INTERNO PENSAN:
“¡POR ENCIMA DE MIN NINGUÉN!”

Pensando como pensan é ben doado concluir que SOAMENTE SON FELICES:

-Cando fan as cousas mellor que os outros.
-Cando van vestidas mellor que ninguén.
-Cando se senten superiores ós que teñen ó seu carón.
-Cando teñén máis propiedades que os do seu entorno…

A MIN PARÉCEME QUE ESTAS PERSOAS SON MOI INFELICES, PORQUE A TODO HAI QUEN GAÑE.
Estas persoas levan nos seus xenes “aires de grandeza”, pero no fondo teñen “MOITA MÁIS MISERIA MENTAL” da que pensan.
¿Vanidade de vanidades?
Quizais.

¿Qué a todos nos gustaría ser guapos?
Pois claro que si, pero a beleza física desvanécese co paso do tempo.
A beleza interior, que é a importante, medra co paso dos anos.
A BELEZA INTERIOR É A QUE NOS CONVÉN, AÍNDA QUE TAMÉN HAI QUEN TEN A FÍSICA.

¿Qué nos gusta ir vestidos con roupa de marca e se pode ser ir áúltima moda?
Eso tamén; pero cando pensamos nas persoas que non teñen roupa nin calzado…xa podemos sentirnos afortunados por non pasar frío
Non pasar frío é o que nos convén.

¿E no tocante ás propiedades?
¿A quen non lle gusta ter o necesario para levar unha vida digna?
A todos nos gusta; pero de aí a ser avaro hai moita diferencia.
Unha cosa é traballar para levar unha vida digna e outra ben diferente é VIVIR PARA ACUMULAR BENS E MÁIS BENS, porque a AVARICIA É UN SACO SEN FONDO.
Traballar para levar unha vida digna é necesario.
No caso contraio …
¿De que viviríamos?
O que nos convén é traballar para vivir pero recordando que:
“Non só de pan vive o home…”
Ademais decoidar o corpo, tamén nos convén coidar a mente e, sobre todo, a alma.
Ademais de traballar parao noso enriquecemento propio, tamén deberíamos compartir tempo cos persoas que están enfermas, coas que están soas, coas que precisan da nosa axuda…
Eso é o que nos convén.

O de presumir máis que ninguén, non lle vexo razón ningunha.
Xa din alí:
“DIME DE QUE PRESUMES E DIRECHE DO QUE CARECES”

Cando alguén ten valía, xa se lle ve; e se non a ten, de nada lle vale presumir, penso eu.
Cando eu era nena, había unha frase nos cadernos de caligrafía que dicía:
“AUNQUE LA MONA SE VISTA DE SEDA, SI MONA ERA, MONA SE QUEDA”

Agora non se oen nin se ven estas cousas por ningunha parte, pero non estaría de máis recordalas de vez en cando.

O QUE MÁIS NOS CONVÉN É A VIDA SENCILLA E NATURAL.
Eu atópeme moi cómoda coas persoas sencillas e naturais.

A min, persoalmente, resúltame moi incómodo o trato con persoas soberbias.
Non me atopo a gusto con elas porque non son da miña maneira de pensar.
Procuro rodearme de persoas sencillas e humildes de corazón porque as persoas do noso entorno forman parte da nosa vida.

A min paréceme que é o que máis nos convén.
O resto son: “castelos no aire”.

“O ENTORNO FORMA PARTE DE NÓS”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa sencillez e naturalidade.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES