Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viva San Ramón

lunes, 27 de agosto de 2007
Pasa a Banda
Desde tempo inmemorial, Vilalba ten como patrón ó Santo Ramón que veu de terras catalanas para conquistar os nosos corazóns festeiros, e hoxe é tan vilalbés coma calquera de nós, e nas súa honra tódolos agostos queimamos pólvora e ilusións, obtendo a cambio a satisfacción precisa para afrontar con ledicia o outono que comeza.

As festas da miña nenez, na Porta de Cima, comezaban coa Banda municipal de Lugo que desfilaba tocando marcial ritmos festeiros. Viña no sentido habitual das procesións e desfiles que remataban na Praza da Igrexa, como chamando a seguir as comitivas ata o seu remate.

Desde o balcón da miña casa divisábaa á altura da Taberna, e admirábame contemplar o desfile daqueles músicos donos dunha marcialidade case militar que completaba as súas indudables virtudes musicais.

Un dos músicos asemellábase moito ó meu tio Paco que daquela estaba en Venezuela. E cada ano miña nai e máis eu pasábamos revista á Banda, divisándoo cando pasaba diante das casas do Fulgencio e da Antonia da Queixa, para logo perderse no concerto coral uniformado.

Festivales na Praza

A mediados dos sesenta, as festas deron un pulo importante coa inclusión dos “Festivales de España” que se celebraban na Praza. Lembro a primeira vez, coa praza chea de sillas para a actuación do Ballet Gallego Rey de Viana.

Á Praza, acotada en tódolos seus accesos, só podían acceder os que tivesen entrada con asento asegurado. Por non ter entrada, non puiden ver o comezo do festival, pero unha choiva igualitaria orixinou unha total desbandada que permitíu que todos puidesemos presenciar parcialmente o espectáculo.

Por alí andaba o Ministro Fraga no exercizo do seu cargo, dispoñendo supoño que solucións de urxencia para remediar o que a tormenta de verán alterara, e José Manuel Rey de Viana, cabeza visible do espectáculo, que razonaba con Fraga sobre a situación.

Vilalba, polas xestións do Ministro Fraga, titular da carteira de Información y Turismo, que promovía aqueles novedosos “Festivales de España”, comezaba a figurar con letras destacadas na actualidade española. Ós “Festivales” seguiría o Parador, a Cidade Cultural, e o protagonismo informativo vencellado a Don Manuel durante máis de corenta anos, que obrigou ós medios informativos a distinguir entre “Villalba de Madrid” e “Villalba de Lugo” para referirse ó noso pobo, non faltando un titular no Faro de Vigo que falaba de “Villalba de Fraga”. Comezaría daquela o fetichismo en relación cos persoeiros públicos e de actualidade, porque lembro como se fose hoxe a señora que presumía alborozada de terlle tocado a Fraga Iribarne.

Cando entrei a traballar en Información y Turismo en Lugo, o entón crego vilalbés, Adolfo Pato Bernárdez, preguntábame que sentido tiña un ministerio que non era “productor” como os de Agricultura e Industria ou recaudador como o de Hacienda. Fraga encargaríase de que o Turismo fose “productor” ben decisivo para a economía española á vez que revolucionador de costumes dun xeito que abrumaría ó crego ferrolano-vilalbés.

San Ramón e San Froilán

Levo en Lugo corenta e tres anos. E desde entón, o patrón San Froilán nado no lucense Regueiro dos Hortos, ten en min admirador devoto, tanto que publiquei un libro pretendendo pescudar na súa persoa e nos seus misterios, e as súas festas –Cunqueiro afirma que o Domingo das Mozas é “A festa máis fermosa do outono galego”- téñenme conquistado desde o primeiro momento.

Na miña Vilalba natal presento, desde hai máis de trinta anos, o acto do Certame Literario e Pregón das festas, pero hai catro ou cinco tiven un lapsus, e no canto de mencionar San Ramón saíume San Froilán, co que a gargallada dos presentes resoa aínda nos meus oídos.

De seguido confesei que o erro viña da miña “doble nacionalidade” vilalbesa e lucense, que me fixera caer nun renuncio imperdoable xa que os santos teñen que ter e teñen delimitada a súa área de influencia, e máis no tempo da súa festa. Os aplausos indicáronme que o lapsus se toleraba. Pero desde entón, cada vez que subo ó escenario do Auditorio Carmen Estévez, poño Santo Ramón atención especial, para evitar que un erro así volva a producirse.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información