Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pisos: difícil posesión

martes, 28 de agosto de 2007
Un piso, un lugar onde vivir, é o soño dourado de todo rapaz que emprende vida independente ou en común. Ás veces, en aluguer, pero tendo a propiedade como punto de referencia absoluto.

Os últimos anos, os pisos pareceron estar ó alcance de case todos, por gozar dunha situación bancaria na que os intereses presentaban valores antes descoñecidos, e unha duración das hipotecas que chega ó medio século.

En tanto, os pisos e resto das propiedades habitables foron subindo paulatinamente ata importes de vértigo, que podemos resumir nos tres mil euros por metro cadrado que veñen ser tarifa usual nos pequenos pobos rurais no litoral norte galego.

Comisións Obreiras ven de facer un estudio sobre a situación do mercado da vivenda en Galicia, concluíndo que por termo medio os galegos veñen empregando o salario bruto de oito anos da súa vida en mercar unha vivenda tipo, normal, de noventa metros cadrados.

En tanto, as hipotecas encarécense a cada paso que da o Banco Central Europeo na súa adaptación do mercado bancario á situación que a economía vai marcando, apretando un pouco máis o dogal que apreixa a millóns de novos propietarios.

En tanto, tamén, o Goberno segue deixando liberdade plena a un mercado gobernado polos grandes promotores, que dispoñen ó seu antoxo precios e promocións, xogando cos naturais anceios de propiedade ó que nos levan afacendo desde sempre.

Os pisos van ser difícil posesión. E, sen embargo, todos os nosos poros suspiran por unha vivenda en propiedade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES