Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Así dá gusto

jueves, 01 de marzo de 2018
Nas ciudades, habitualemente, véndennos a vivenda feita ou sobre plano; sobre todo cando se trata dun piso.
Pero no medio rural cadaquén constrúe ou restaura a vivenda na que vai habitar.

Para cubrir esta necesidade tan básica, precísanse profesionais de diferentes tipos:
Arquitectos, aparelladores, albaneis, electricistas, carpinteiros, fontaneiros, pintores e outros, ademais dos correspondentes permisos administrativos.
E nin que dicir ten que se debe dispoñer de fondos económicos para sufragar os gastos pertinentes.

Cando nos atopamos con profesionais ben preparados e moi responsables, a cousa resulta gratificante aínda que as obras sempre son molestas e dan moito que pensar.
Cando nos encontramos con persoas moi eficientes, moi responsables e moi cumpridoras…
ASÍ DÁ GUSTO.

Cando nos encontramos con profesionais que saben desempeñar con eficacia e responsabilidade a súa función; é unha delicia.
ASÍ DÁ GUSTO.

As cousas quedan ben feitas, as relacióins entre as persoas estréitanse, a confianza gaña puntos, a paz reina…
ASÍ DÁ GUSTO.

No caso contrario…

-Deberíamos recapacitar se o que estamos facendo di ben ou mal de nós mesmos.

-Deberíamos educa-la infancia para ser responsable. Faríamoslle un gran favor para ela mesma e para a sociedade en xeral.

-Non deberíamos regatear esforzos en cumprir coa nosa obrigación, porque…
¡É TAN BONITO IR POLA VIDA COA SATISFACCIÓN DO DEBER CUMPRIDO!

Fan moita falta persoas que renoven a faz desta terra tan maravillosa na que habitamos; porque a vida é moi fermosa.
¡Sumamente fermosa!
¿Para que complicala máis?
¿Non ten complicacións abondo?
DEBEMOS CONCIENCIARNOS DE QUE A FELICIDADE MAIOR CONSISTE EN FACER AS COUSAS BEN FEITAS.

E para facelas ben feitas non sempre fan falta estudios, aínda que estes sexan moi aconsellables en calquera dos casos.

O QUE MÁIS FALTA FAI É TER BO CORAZÓN E UNHA ALMA LIMPA.

Persoas de bo corazón hai moitas.
Así dá gusto.
AS PERSOAS ALTRUISTAS SON QUERIDAS, VALORAS E RESPECTADAS; COAS EGOÍSTAS, MELLOR GARDAR DISTANCIA.

Dunha persoa egoísta non se pode esperar nada bo.

-Necesitamos ser próximos.
-NECESITAMOS FORMAR COMUNDIDADE CON IDENTIDADE PROPIA.
-NECESITAMOS LOITAR POLO NOSO.
-NECESITAMOS LOITAR POR NÓS MESMOS.

Loitaremos por superármonos.
Claro que si.
“É O QUE NOS CONVÉN”

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES