Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer en febreiro

lunes, 26 de febrero de 2018
Foi Becquer o autor do lamento de “Que solos, Dios mio, se quedan los muertos”, e eu quero velo á inversa, pois son eles, os mortos, amigos ou parentes os que, ao irse, nos deixan sós.

Penso isto xa que en moi poucos días me deixaron seis amigos, que son como outras tantas badaladas que resoan na alma para despertarnos a conciencia á realidade última. Sóa como o “memento moris” (lembra que has morrer), que os esclavos romanos susurraban aos seus señores en momentos de satisfacción extrema, especialmente aos xenerais que chegaban victoriosos a Roma, e as multitudes os aclamaban con entusiasmo. Era o momento perfecto para contrarrestar a gloria, sempre efímera: ”memento moris”; recorda que eres mortal.

No decurso de moi poucos días, fóronse físicamente do meu entorno cordial Benito Rego Cobo, un home de ciencia e cordialidade (a finais de xaneiro); Isidro Novo, escritor apaixoado; Pepito Marmolero, cantor histórico do Orfeon Lucense; Manuel Díaz Souto, O Neno, historia viva do futbol afeccionado; Ricardo Couto, en Lalín, vello compañeiro daquela Radio Popular dos anos setenta, e o chairego Anxo Lamas, artista da madeira, que tiña a especial virtude de dar nova vida a vellas madeiras condenadas ao lume, todo un símbolo que concorda á perfección co seu entusiasmo vital, e a moi longa enfermidade que sobrelevou cunha forza envidable.

Agora que “as neves do tempo” xa non platean as miñas sens, a perda dos amigos é especialmente sensible (quizais sexa tamén un algo de egoísmo), porque é difícil que outros amigos veñan suplir, coa intensidade precisa, o baleiro que deixan os que se foron. E cada vez son máis os ocos vitais que noto ao arredor.

Lembro a don Xosé Trapero Pardo cando, aos 94 anos (morreu con 95) me confesaba a súa tremenda soidade porque non tiña “con quen falar”, do seu tempo. Todos os amigos foran desaparecendo en traidora lei natural que acabou por levar a quen seguimos considerando especialmente insustituible para a capital lucense, para Castro de Rei, e toda a Terra Chá.

Pero a vida segue, e o exemplo de Anxo Lamas, que se sabía condenado polo cancro ao que venceu en mil batallas, lévanos a lembrar o libro dun famoso ciruxán, Paul Kalanithi, ao que lle diagnosticaron un cancro mortal aos 36 anos, e que deixou como testamento un libro titulado “Lembra que has de morrer; vive!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES