Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Arcadio en Luarca

viernes, 24 de agosto de 2007
Xentilmente convidado pola organización, asistimos o pasado venres ó tradicional Día das Bandas que dende hai mais de vinte anos é número imprescindible na programación das festas patronais de Luarca. Un espectáculo que xa coñecíamos e que ten a razón primeira do seu continuado éxito na recoñecida melomanía do pobo luarqués.

Catro colectivos participan en cada edición, que inician a súa andaina con un emotivo e brillante desfile dende a entrada da vila, atravesando as rúas da mesma, para chegar ó porto; percorrido que fan entre os fervorosos aplausos dun numeroso público que invade as aceras.

Os mais de douscentos músicos que participan inundan coa súa música o pobo, espallándoa por tódolos rincóns, e mesmo entra nos fogares a través de fiestras e balcóns e os aires de festa impregnan a vida cidadán da pintoresca localidade.

Rematado éste, os colectivos bandísticos cítanse na Praza Maior e alí, conxuntamente, interpretan o Himno a San Timoteo, que é o patrono; a dirección da mesma é unha honra, porque significa un recoñecemento a quen é designado para tal menester, e nesta ocasión foi elexido Arcadio Mon, director da Escola Municipal de Música de Foz, que na Villa Blanca conta con tantos amigos persoais e onde goza de grande prestixio profesional.

En tradicional acto institucional celebrado no concello, coa recepción das bandas participantes, Arcadio recibíu a homenaxe dos seus colegas, e o alcalde e o Presidente da Cofradía de San Timoteo -responsable da organización dos festexos- fixéronlle entrega de diversos agasallos e de sendas artísticas placas con expresivas dedicatorias.

Pola noite, no parque da localidade, as catro bandas ofrecen un concerto, que neste caso comezou ás dez e media; as 250 sillas acondicionadas para a audiencia, que se ocupan moito antes de comezar aquél, resultan insuficientes e moitas outras persoas han de seguilo de pé: cando preto das dúas da madrugada saíamos de Luarca –mais de tres horas despois– mantíñase a mesma expectación e os presentes seguían con idéntico interese as variadas interpretacións, o que non fai senon confirmar o que decimos ó principio, relativo ó grande amor que os luarqueses senten pola música.

Certamente é ésta unha vella tradición: baste só decir que a súa banda La Lira data do ano 1889 e que alí xurdiron, a través dos tempos, verdadeiros mestres da música, e que dela se nutriron as varias orquestras locais que ó longo dos anos amenizaron infinidade de festas e bailes fundamentalmente nas comunidades de Asturias e Galicia.

Alí tivemos a oportunidade de lembrar a Casablanca, Gran Casino ou Los Centauros que na nosa mocidade actuaran repetidamente no Bahía; así como, por razón de veciñanza, recordamos con agarimo a Veracruz, de Puerto Vega, que durante moitos anos puxo música ós carnavais da sala focega o que fixo del un dos conxuntos mais populares de cantos acudían á nosa vila.

Foi para nós unha xornada moi reconfortante na que vivimos intensamente a música, na presencia e na nostalxia.

As outras tres bandas que actuaron ese día foron: de Corvera- Asturias e as galegas Unión Musical de Meaño e Xuvenil de Barro.

Por razóns de parcial incompatibilidade horaria chegamos á Villa Blanca de la Costa Verde con algún retraso. Recibiunos o catedrático Juan Antonio Martínez Estremera, cronista oficial do concello de Valdés e Antonio Alvarez Tono, presidente da Cofradía de San Timoteo e mais da comisión de festas. Eles foron os anfitrións que tiveron con nós exquisitas deferencias. Graciñas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES