Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Adeus, Entroido 2018!

miércoles, 21 de febrero de 2018
Dos festexos e celebracións anuais do noso pobo é, sen dúbida o Carnaval o que rexistra unha maior participación popular, e no que os focegos poñen a proba o enxeño, o sentido do humor e o talante festivo e desenfadado; é tamén o Entroido, o que experimentou unha meirande evolución nos últimos anos,en que se producíu unha auténtica eclosión ao trocarse en espectáculo que en cada edición sorprende, pola súa magnitude e brillantez .

Pódese decir que, de sempre, se celebrou en Foz a festa de Carnestolendas. Ao menos, dende comezos do século XX temos constancia de cómo entón se organizaban comparsas que levaban polas rúas a ledicia de cancións compostas para a ocasión que, ás veces, tiñan soado éxito.

No 1910 ( hai 108 anos…!) Xosé Ramón “da Cangalla”, “Carallán”, Juan María Néciga, “O Xuez”( ou sexa, meu pai), e outros amigos, formaron unha charanga que levou a ledicia carnavaleira mais alá do seu contorno: pasaron a ría e percorreron a Mariña (entón delimitada entre Celeiro de Mariñaos e Reinante), levando no repertorio unha canción que resultara moi exitosa: “Al correr el Carnaval , es cosa linda y corriente que se divierta la gente sin causar a nadie mal. Esto es para no dudar : nuestra venturosa tierra, todo lo bello que encierra es para hacernos gozar. Ay!, qué muchachitas las de este pueblo;ay! qué salero, viva el humor:mientras que haya chicas tan bellas, es para ellas el tierno amor. Sin ti no puedo vivir, dulce encanto de mis ojos; escúchame sin enojos y no me hagas más sufrir…. ¡Vivan las muchachas que saben amar… ¡Viva la alegría!¡Viva el Carnaval…!”.

O esforzo da camiñada a pé, por camiños e corredoiras, tivo a súa recompensa: chegaron a unha casa na que, con pantragruélico xantar, celebrábase a chegada dun “habanero”, a cuxa festa familiar foron convidados. A lembranza da celebración, en tempos de despensas tan esgotadas, duroulles polo resto das súas vidas…

Un magnífico coro para celebrar o Entroido de 1934 fora artellado por Bustamante, o laredano que en Foz casara con Eugenia Oroza, e que dez anos mais tarde fora unha das 12 víctimas que formaban a tripulación do “Jesús Nazareno”; o naufraxio , dado o número delas, mais dramático da historia mariñeira do noso pobo. Nesta ocasión o coro presentaba a novidade da canción-protesta “El nuevo poblador” que pasaría a formar parte das cancións populares que se cantaban a cotío na nosa vila, aínda que, por moitos anos, as circunstancias obrigaban a facelo de xeito semi-clandestino..

Numerosas foron as persoas que cada ano por rúas e xuntanzas facían alarde do seu enxeño e ledicia, e foron pezas principais para manter vivo o espíritu do noso Entroido. Pero os tempos cambiaron e ás exhibicións de humor e enxeño de antano, con pobres aditamentos decorativos, recuperados dos fondos dos vellos arcóns e armarios, alí esquecidos; ofrécese agora o espectáculo deslumbrante de grupos, comparsas e charangas; carrozas e personaxes nun impresionante desfile de luz, cor e sons que convirten os Carnavais de Foz, sen dúbida, nos mais atractivos da bisbarra.

Lector amigo; dona ou cabaleiro: ogallá os disfrutes, con saúde, outro mogollón de anos…

(Suso Fernández é Fillo Predilectoo e Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES