Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moncho Valcarce

miércoles, 21 de febrero de 2018
O primeiro deste mes cumpríronse os 25 anos do pasamento de Moncho Valcarce Vega, “O cura das Encrobas”. Nacido en A Coruña, estivo ligado ás poboacións das/os lectores de A Chaira, mais a súa trascendencia acada a todo o país e alén polo que o celebramos coma un dos fachos acesos da nosa patria.

Ningunha achega ou cualificativo mellor que o que lle dedicou o patriarca da Terra Chá, Manuel María: ”O exemplo de Moncho Valcarce” (1995) que xa inmortalizara a loita das Encrobas nuns versos musicados por Fuxan os Ventos (1977).

A comezos dos 90, Moncho foi destinado a As Pontes e en pouco tempo revolucionou a vida social da comarca, sementando as súas teimas: igoaldade, xustiza, liberdade..., tal coma proclamei no verán do 2014 cando fun convidado por Elías Ramil Casás, creador da asociación Niño de Azor á inauguración do busto que lle ergueron ao pé do IES Moncho Valcarce. No que reza a estela de ben que deixou: «Ilumináchenos coa túa palabra, coa túa humildade e a túa dignidade». E volvemos a escoitar “Guerrilleiro” de Manuel María nas voces doutros chairegos, Mini e Mero: “Unha terra de nós é o teu norte,/un pobo traballador,/traballador, ledo e baril./ Unha conciencia/viva, alerta e forte...”

A relación con Guitiriz foi a través do seu avó materno Manuel Vega pioneiro do comercio de A Coruña /(Casa Simeón) e benefactor de Guitiriz onde veraneaba e partillaba co concello iniciativas que deron pulo á vila a comezos do s.XX, como a apertura da carretera da Estación, actual Rua Rosalía de Castro, onde construíu o chalé Vega. A filla Elisa e o xenro Manuel Fernández construiron o Chale de Raio (onde está arestora Gadis) e foron socios da Sociedade Eléctrica Guitiriz.

Este espírito innovador e activo da súa parentela en Guitiriz herdouno Moncho na súa entrega total a construir unha Galiza liberada de toda eiva colonizadora. Non foi só un heroi isolado, animou o comunal coas súas arelas de igoaldade, creando grupos de traballo coma o colectivo “Niño de Azor” de As Pontes, ou comunidades de base cimentadas en asembleas de fe nas súas parroquias rurais de Sésamo..., mesmo liderando ás e aos labregos de Meirama aos que expoliaban as súas terras, polo que foi detido no 1977.

No comezo do outono lembramos no Pedregal de Irimia na “Festa da Afirmación e Dignidade” o seu compromiso liberador en As Pontes con aquel grupo de vangarda evanxelizadora, na persoa dunha das colaboradoras directas de Moncho, Herminia Estoa de Riotorto.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES