Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Memoria histórica

martes, 20 de febrero de 2018
A Lei da Memoria Histórica, que tenta poñer orde en moitas desfeitas de outrora, e da que teño que confesar que non coñezo o articulado, está moi ben para cambiar cousas que no seu momento se consideraron inmutables, eternas, de acordo coa ideoloxía reinante e que, na actualidade, con ideoloxías imperantes moi diferentes, pero sobre coa tendencia á liberdade de ideoloxías, non se deben manter, por ser para moitos inxustas e insultantes.

Eso parece que ocorre en Vilagarcía de Arousa cando por unanimidade os partidos políticos do concello veñen de aprobar retirarlle a Franco a Medalla de Ouro, e a Carmen Polo de Franco, a Perla de Ouro, que lles outorgaron en 1965 e 1966, cando aínda podían ser moi xenerosos, por dicir algo, con aquela cidade.

Cando se conceden honras a autoridades que caducan, esa caducidade xoga logo en perxuizo do que a concedeu, porque aínda que a decisión se axusta á lei de “sic transit gloria mundi”, e daquela ninguen pensaba no futuro, a estas alturas a postura parece ser só unha “lavada de cara” a unha terra e a un tempo.

O problema agudizase cando –como en Viveiro- se trata de cambiar o nome do Colexio de Celeiro, medio século chamándose Antonio Pedrosa Latas, pola preocupación deste político polos mariños de Celeiro e por Viveiro. Levábase tempo discutindo o tema, e o concello ven de aprobar por maioría –o PP abstívose- que o Colexio deixe de chamarse así, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, a pesar de escoitarse voces a favor de Antonio Pedrosa, que foi moi bo para Viveiro, independentemente do seu pensamento, da súa esfera política e do tempo que lle tocou vivir.

No franquismo, que acabou onte mesmo, concellos, deputacións, institucións, rivalizaban por facer a pelota aos gobernantes por se caía algunha lotaría particular, e sobre todo para non pronunciarse en contra. Porque sempre é bo facerse notar en política, agora tamén, e eso nunca perxudicou a ninguén.

Dar agora marcha atrás é difícil e un pouco tarde, e nalgúns casos ata puidera ser inxusto porque hai que pensar –aínda que a Lei non admita excepcións- que no medio daquela atmósfera na que moitos nacimos, medramos e vivimos, tamén había algunha boa xente, que facía o que podía porque neste país se puidese vivir máis dignamente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES