Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia sempre estivo enferma

lunes, 19 de febrero de 2018
A semana pódese dicir que rematou coa masacre no instituto de Parkland de Florida, da que non penso escribir máis porque xa lle fixen un Pingas e porque igual alento a algúns a mercar máis armas para defenderse. É que, logo dunha barbarie, dunha carnizaría destas, seica aumenta a venda de armas. Ou sexa, de mal en peor. Entón case é normal que Galicia sempre estivo enfermadigas, que penses que lles está ben empregado.

Galicia quédase en soidade. Galicia vólvese vella. Levamos un ritmo negativo realmente incrible. Cada vez somos máis vellos e, polo tanto, cada vez nos sentimos máis sós. E hai que lembrar que a soidade é quizais a peor enfermidade do mundo. Claro que, por unhas ou por outras circunstancias, Galicia sempre estivo enferma. E sempre estará. Temos que empezar a acostumarnos ó cheiro que deixa a nosa propia gangrena. Aquí nunca houbo “médicos” (políticos) que souberan poñer un antíxeno. Aquí os “médicos” (políticos) só poñen inxección letais, ou o que é o mesmo, inxéctanche veleno.

Hai políticos que soltan frases esperpénticas e quedan tan panchos, tan cargados de razón. Fíxoo Javier Maroto, o vicesecretario de política social e sectorial do PP, ó confesar que “co corrupto, tolerancia cero, nin media broma, botalo fóra e a por el”. Nin media broma, así é que o digo en serio: se se segue ó pé da letra a súa frase, o Partido Popular desaparece do panorama político español. Mira o que foi dicir. E quedou tan pancho.

Son antimadridista, pero catro ou cinco días antes xa lles dixera ao meu rapaz e ao sogro que moito coidadiño co Real Madrid ante o París Saint-Germain, que o equipo merengue, en Europa, recoñezo que se transforma, que é perigoso. Está a darme a razón. O que me confirma que, o fútbol, o 90% está na cabeza de cada un. Xa podes ser unha figura que como non te concentres... malo! Xa podes ser maliño que se lle pos ganas... malo será!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES