Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nevando

lunes, 12 de febrero de 2018
A neve caída en Lugo e na provincia, que en tempos sería o máis natural do mundo, no medio do inverno, agora parécemos algo especial, que afecta aos nosos costumes, limita de xeito extraordinario a nosa mobilidade e impídenos desenvolver as actividades que consideramos indispensables para a nosa vida.

Que lonxe quedan aquelas nevadas que pechaban a localidade da Fonsagrada, e non se podía nin acceder nin saír, quedando os alí atrapados condenados –é un decir- a unha existencia monocorde de aillamento, onde só se podía comer ata fartar, pasear, xogar, durmir, e volver a comer e beber. E troula. Porque quere a lenda urbana que cando ameazaba nevarada, os viaxantes de comercio de Lugo acudían a atender aos seus clientes fonsagradinos, por se a neve tiña a ben deixalos aillados, sen poder saír, sen máis obrigas que subsistir nun ambiente pechado que desde logo non lles parecía opresivo nin molesto.

Eran tempos en que as nevadas desde Pedrafita ata Quiroga, e logo as xeadas, obrigaban a circular con cadeas polos portos do Poio, do Portelo, e do Cerredo, ata que quedaban pechados. E as familias e os pobos quedaban confinados, sen mercados nin feiras, nin misas nin enterros, nin médicos nin axentes comerciais nin peregrinos ou viaxeiros que turbaran a paz invernal. E se algún veciño morría, quedaba conxelado –e non é unha cuestión retórica- ata que os portos se abrían, e a normalidade volvía á montaña.

Agora basta que neve un par de días e ameace o seguinte para que os camións non poidan circular pola autovía, os nenos non vaian ao colexio, os fríos nos invadan, e o noso corazón se contrite diante dun aillamento do que só se libran os teléfonos móviles e os correos electrónicos que xa non é pouco. Se a esto se une un fallo da corrente eléctrica, mergullámonos directamente na idade media sen darnos conta de que nos anos cincuenta e sesenta do pasado século era o pan de cada día nanosa montaña.

Que floxa temos a memoria en relación coas nosas relacións coa natureza. O malo é que máis floxa é esa relación, e que cando a natureza se pon brava non sabemos o que temos que facer; peor aínda: no temos nada que facer. Neso, retrocedemos de xeito absoluto, e os humanos de hoxe somos moito máis dependentes, máis floxos, máis nenos, que os nosos avós ou os nosos pais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania