Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día de Rosalía na parroquia chairega de Santaballa

miércoles, 07 de febrero de 2018
Da de Rosala na parroquia chairega de Santaballa O 24 de febreiro, no que se comemora o "Día de Rosalia" coincidindo coa data do seu nacemento no ano 1837, a NPG Nova Poesía Guitirica, CULTURALIA GZ e a Liga Santaballesa organizan un acto poético musical na Escola Habaneira de Santaballa ás 19:00 con entrada de balde. O acto enmarcase no programa de actos da Asociacion de Escritores en Lingua Galega AELG que se desenvolverá por todo o país baixo o lema #AbrideAFiestra e con un manifesto redactado pola escritora María Reimondez e que será lido en Santaballa por unha nena da parróquia vilalbesa. No recital poético de mulleres que estará presentado por Pas Veres, recitarán entre outras, Pilar Maseda, Emília Martínez Fuentes, Luz Atirado, Adolfina Mesa, Mar Beres, Luz Darriba, María Pereira, e outras poetas da NPG e convidadas. Despois da actuación musical, faraste unha lectura de textos de Rosalia aberta á participación do público.

A escolla da Escola da Liga Santaballesa ten o simbolismo da poesía adicados á emigración por Rosalia de Castro e a reivindicación do legado da emigración na aposta pola educación como instrumento para sair do atraso.

A Chaira, un ano máis honra a Rosalia de Castro, a nosa pieta máis universal de de o rural e nun lugar emblemático: A Escola da Liga Santaballesa.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES