Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dous heroes na Guerra de África

lunes, 05 de febrero de 2018
Hai heroes nos soños. Hai heroes na cinematografía. Hai heroes na literatura. E hai heroes na realidade.

O 30 de setembro do ano 1909, no Zoco El-Jemis de Beni-Bu-Ifrur, de Marrocos, feriron ó capitán de infantería don Celestino Rodríguez Salgado, que nacera en Calvelo, Baños de Molgas, o 8 de decembro de 1862. Parece ser que os seus camaradas invitárono a que se retirara da liña de fogo, pero como bo militar que era, negouse rotundamente e seguiu animando ós soldados da súa compañía para facer retroceder ás tropas do Rif.
Dous heroes na Guerra de África
Non obstante, unha segunda bala dos rifeños fixo branco no seu corpo, polo que deu con este no chan. Como seguía sendo bo militar, e baixo unha verdadeira descarga de balas, loitou con varios mouros que pretendían facelo prisioneiro. Axiña apareceu outro heroe: un soldado que cargou con el ás costas durante un bo traxecto. Mais o asunto da salvación, da tranquilidade semella que non estaba pola labor, xa que repentinamente víronse envoltos por seis mouros. Foi a partir de aí cando a acción case se pode dicir que foi de película: o soldado deixou en terra ó capitán e aproveitando os tres cartuchos que tiña do único cargador que lle quedaba, matou a tres inimigos; co coitelo da baioneta matou a outro; os dous restantes lanzáronse sobre el e entón o capitán de Calvelo deulle a súa pistola ó heroico rapaz e dous disparos dela remataron ós dous cabileños que quedaban.

Cargou de novo ó capitán sobre as súas costas e levouno ata unha ambulancia. Alí, Celestino Rodríguez Salgado deulle unha espléndida remuneración e un forte abrazo (que menos!).

Quixo seguir combatendo, pero as feridas non o deixaron; faleceu a causa dunha septicemia por fractura consecutiva do fémur dereito no hospital de Melilla o día 10 de outubro. A súa viúva, que residía en Baños de Molgas con seis fillos, chegou a tempo de asistir ós últimos instantes deste patriota molgués chamado Celestino Rodríguez Salgado.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES