Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa pasan cousas

jueves, 16 de agosto de 2007
Hai anos que a idea xurdiu, pero resultou ser de realización imposible. Do tempo en que en Lugo non pasaba nada reseñable ata hoxe que cada día nos proporciona media ducia de acontecementos, pasou moito tempo e moitas cousas.

Hoxe en Lugo hai que programarse e, se fose posible, repartirse para asistir a tanta proxección, conferencia, presentación ou recital, que ás veces coinciden anulándose porque sendo máis ou menos fixa a nómina de posibles asistentes, as coincidencias fan que se deba elixir.

Falouse en tempos da posibilidade de coordinar estas celebracións para evitar coincidencias. Pero, quen afronta algo intervencionista nunha área na que a liberdade é o primeiro valor?. Que, por outra parte, non estamos nos tempos en que os organizadores de actividades eran tres ou catro, senón que agora existe unha afortunada rivalidade entre institucións, patronatos ou asociacións por organizar actividades que dan vida ó noso panorama diario.

O malo é que aínda que os actos se multiplicaron e os organizadores proliferan, a “clientela” non medra na mesma proporción e estas actividades –con excepcións clamorosas- seguen a ser en boa parte actos de minorías nos que encher unha sala pequena é un éxito rotundo.

Que lonxe aqueles tempos nos que nos interesaba case todo!. A abundancia produce enchentes nas que non todo son “delicatessen”, pero dentro da cantidade hai moito onde escoller.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES