Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta aos grupos políticos para a restauración da Escola Habaneira da Conchada/Os Vilares

miércoles, 31 de enero de 2018
Carta aos grupos polticos para a restauracin da Escola Habaneira da Conchada/Os Vilares A Asociación Socio-Cultural lareira de soños dos Vilares enviará está semana unha carta a cada grupo político municipal de Guitiriz, PSdeG-PSOE, Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e aos dous concelleiros non adscritos sobre a necesidade dun compromiso político público para a restauración da Escola Habaneira da Conchada nos Vilares e a inclusión desta demanda nos seus programas eleitorais para o vindeiro mandato coa vontade de tela arreglada e posta en funcionamento como centro sócio cultural antes do seu centenário en 2023. Arreglos estruturais, illamentos, obras de accesos, habitabilidade, equipamentos e dotación son as demandas acaidas aos tempos actuais para xerar nese inmoble histórico funcionamento de tipo social para a veciñanza. Numerosos son os exemplos na Terra Chá de como escolas indianas destas características propiciaron co seu arreglo a dinamización social e cultural de parroquias rurais a través tamén das entidades veciñais daquelas parroquias. Facemolo con tempo para que este non sexa o impedimento para as xestións coas entidades, administracións e acordos necesarios, proxectos e investimentos que se precisen para cada paso e co horizonte do seu centenário como mellor homenaxe a aqueles emigrantes que entenderon coa súa própria experiencia que a cultura é o mellor investimento para sair do atraso e sumarse ao progreso.
Con este obxectivo brindamonos tamén a colaborar para facilitar este traballo si é preciso e informar conxunta ou individualizadamente a quenes o reclamen.
O valor patrimonial da Escola Habaneira non se pode deixar caer no abandono pola neglixencia ou o esquecemento; é labor de tod@s salvalo e poñelo ao servizo da xente.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES