Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Familias monoparentais

miércoles, 15 de agosto de 2007
Os camiños sociais son canles abertas polas que circula a vida a toda velocidade. Cada día que pasa, dase un paso máis no cambio que o noso país rexistra.

Precisabámos cambios e temos cambio. Unha terra agrícola, gandeira e pescadora, foi evolucionando cara a un país moderno, comunicado, con milleiros de pequenas industrias, con centos de explotacións competitivas, aberto ó mundo, conectado con Europa. A diferencia é abismalmente clara, e cada día faise máis evidente.

Pero se a industria, o traballo, o mar e o campo marcan un avance extraordinario, tamén no social, no interno, se notan evolucións que compre rexistrar para que non queden no esquecemento co paso do tempo e os acontecementos.

A comezos dos anos noventa, os fogares galegos formados por unha soa persoa eran 104.499, en tanto que o pasado 2006 esta cifra chegou a 182.344. Mentras tanto, os fogares de familia numerosa reducíronse prácticamente á metade.

Eses fogares individuais, minoría aínda, conforman un importante grupo social en crecemento, do que forman parte xubilados, mulleres que reafirman a súa independencia, separados e separadas… soedade multitudinaria e ostensible. Familias monoparentais que en Galicia medran como a mellor proba de evolución e cambio.

Os matrimonios redúcense, aínda que son por agora figura social maioritaria, e as familias monoparentais consolídanse. As cidades e zonas urbanas acumulan poboación mentras o rural fica cada vez máis en situación de abandono.

Parece que todo esto nos asemelle cada vez máis ó resto de Europa, na que unha situación así non resulta extraña. Aquí aínda é unha novidade, pero logo nos iremos acostumando.

Nun tempo de independencia persoal , de fortes reformas familiares, vivir só pode ser unha perfecta elección, que os galegos estamos asumindo cada vez máis.

Independemente dos afectos e das relacións persoais, este xeito de vivir parece que sintoniza co progreso e resulta ser homologación co máis amplo contorno. Que sexa para ben!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES