Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lareira de soños pedirá a restauración Escola Habaneira dos Vilares

sábado, 27 de enero de 2018
A lareira de soos pedir a restauracin Escola Habaneira dos Vilares Depois do acordo parlamentar para recuperar os frescos da igrexa do Século XVI, urxente acometer a posta em valor da escola Habaneira da Conchada nos Vilares.

A Asociación Socio-Cultural lareira de soños dos Vilares enviará um escrito aos grupos municipais do Concello de Guitiriz e aos grupos políticos da Deputación Provincial para reclamar o compromiso de todas formas de cara ao vindeiro mandato para acometer a reforma e posta en valor dun inmoble que cumprirá cen anos em 2023 e que foi levantado coa aportación dos emigrantes ao igual que outras escolas indianas en moitas parroquias de Lugo. Non hai mellor homenaxe a aqueles promotores da cultura desde a emigración que recuperar para uso social aquelas escolas. A escola Habaneira da Conchada nos Vilares foi protagonista dun libro do actual Deán da catedral de Compostela e ex párroco dos Vilares, Segundo Pérez. A mellora da habitabilidade, accesos, illamentos e calefacción, así como a dotación para o seu uso sócio cultural con mobiliário e equipamentos acaídos deben ser asumidos polos grupos municipais no seu programa e incluir proxecto e dotación económica para o mesmo, a reforma e a dotación de mobiliário e equipamentos.

A revitalización do rural non pode quedar em meras palabras e intencións senón tamén en dotacións que incentiven a participación social e a calidade de vida. Dotar ao rural con centros sociais dotados coas últimas tecnoloxías, habitables e funcionais é fundamental dada a actual situación de envellecimento e despovoamento. Si ademais desto falamos de património público e con tal carga histórica para a parroquia, que veu pasar a centos de veciños para aprender as primeiras letras entre as suas paredes, entre elas o poeta Diaz Castro, o compromiso de intervención e mellora, está mais que xustificado. Para esto, a Asociación Socio-Cultural lareira de soños elaborará um informe que fará chegar às diferentes formas políticas, coas que ademais solicitará reunións nas que de paso pmantexar outros asuntos relacionados coa parroquia.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES