Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Open Radio, Radio libre!

sábado, 27 de enero de 2018
Mentras non lle poñan portas ao campo, Internet é o máis forte soplo de aire fresco que experimentaron as comunicacións galegas, españolas e mundiais, nestes dous últimos séculos. Disfrutemos deste aire sen contaminar, aberto, puro, sen máis límite que o do noso impulso e a claridade e intensidade das mensaxes.

O Goberno –todos os gobernos, mesmo os que máis presumen de liberdades- tiveron sempre especial coidado en que os medios informativos privados non tivesen demasiada incidencia no público, especialmente os audiovisuais, por máis difíciles de controlar.

E así declararon a propiedade pública do éter, regularon as frecuencias de emisión, concedéronllas aos amigos (amigos políticos), reforzaron grupos nacionais de radio para evitar radios “do país”, aínda que venden a doctrina de que queren potenciar a cultura propia e o idioma galego; e engordaron os medios escritos, dando licencias aos xornais, para telos contentos sen caer na conta que os gobernos que concedían esas doazóns cada vez se volvían máis dependentes dos beneficiados, aos que deberían soster cada vez que alzaran o tono da súa mensade.

Benvidos a unha radio aberta, de iniciativa privada, sen ter que pasar pola forca caudina da licencia, aire fresco e música comprensible, xente lucense con ilusión e forza, á que da gusto apoiar e seguir.

En Internet pode nacer unha radio libre, e é moito máis difícil que as administracións se poñan a xogar á información, á formación ou á cultura.

Ahora que pechan as televisión locais, se multiplican as licencias para que perdan forza e se debiliten as emisoras, que as emisoras de radio acortan a información local, que os xornais escritos agonizan… ven de nacer unha estrela en Lugo con alcance mundial: a radio libre por Internet. Semper vivas, Open Radio - Radio Aberta. E que te poidamos escoitar en liberdade moitos anos!.

(Este texto de Xulio Xiz foi emitido en www.openradio.es)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES