Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xulio Xiz, Medalla de Ouro de bonhomía

viernes, 26 de enero de 2018
O Concello de Vilalba, por unanimidade, ven de conceder ó benquerido amigo Xulio Xiz Ramil a Medalla de Ouro da capital chairega atendendo á Xulio Xiz, Medalla de Ouro de bonhomíademanda popular da asociación de veciños de Porta da Cima, berce do benquerido amigo Xulio.

O acto de entrega, realizado o derradeiro 29 de decembro no auditorio vilalbés Carmen Estévez, estivo presidido polo alcalde D. Agustín Baamonde e foi dirixido por Baruk Domínguez, da Cope, emisora a que Xulio sempre estivo vencellado.

Interviñeron, no apartado músical, a Banda de música da Vila, a Coral Vilalbesa co gran D. Uxío García Amor ao frente (¡Qué sorte tivemos os seus alumnos!) e o Orfeón de Lugo do que Xulio é presidente.

Fermosas interpretracións en gratitude a quen sempre foi e sigue a ser, o seu fiel e verdadeiro servidor. Tamén loubaron os seus méritos a Presidenta da Asociación de Veciños xa citada Dña. Esther Baamonde, D. Alfonso Torrado, responsable do colectivo cultural Xermolos, e o compañeiro e amigo Mero, músico e poeta. Todos eles resaltaron a inxente e exquisita obra do homenaxeado.

Asemesmo, como representante da Coral Vilalbesa, outro vilabés de pro como é o noso benquerido amigo Alfonso Baamonde (Camba) refrexou con moito agarimo a axuda recibida de Xulio.

Repiteu a súa intervención ise mestre labrego, sementador de soños e esperas, que non é outro que Mero, ise eterno loitador pola dignidade da Terra. Mero é, se alguén aínda non o sabe, un dos fundadores de “Fuxan os Ventos” e hoxe, acompañado da súa ialma xemela Mini, forman “A Quenlla”, isa magnífica representación musical fonte de inspiración de moitos poetas galegos.

Despois das fermosas palabras do Sr. Alcalde e a imposición da medalla, Xulio, visiblemente emocionado, realizou unha sinxela e exquisita exposición da súa traxectoria vital desde a nenez vilalbesa ata os pasos pola radio, funcionario de Cultura, a súa aposta pola televisión e como animador de tantas e tantas actividades como se desarrollan na Chaira, desde o famoso Belén de Begonte ata o certame literario da Capital chairega.

Cómpre salientar que Xulio tivo especial sensibilidade para agradecerlle á súa familia, fermosamente alí presente, os traballos e tempos “roubados” para poder atender todas isas obrigas que conleva o ser algo así coma alma cultural da Chaira, dito sexa con todo o respeto para Xulio Xiz, Medalla de Ouro de bonhomíaoutros valedores. Pola nosa banda, Viveiro estivo representado polo colectivo cultural “Bagoas da Terra”, capitaneado pola incombustible Maricarmen “Chipe” e o seu equipo. Ben sabido é que Xulio leva corenta anos vencellado á nosa Mostra Folclórica Internacional como magnífico presentador. Cousas que lle pasan a aqueles que levan nos ancestros a Ambosores, querido Xulio.

Quero desde istas líneas sumarme a iste agasallo ó amigo porque cómpre ser sincero e agradece-la acollida, ou reacollida, recibida despois de corenta anos fóra de Terra. Rebobino ós anos sesenta daquel Lugo gris no que il comenzaba isa frénetica actividade cultural e iste que suscribe era un folgazán estudiante de Maxisterio, máis aficioado ós guateques que aos libros. Daquela Xulio e eu coincidimos en algunhas cousas nas que il era presentador i eu dedicabame ao que agora chaman atrezzo ou decoración.

A vida dil quedou apreixoada con paixón a Lugo e toda a provincia e por iso a Galicia enteira. Nós fumos parte disa morea ou marea de xente que, desgraciadamente, atopámonos na obriga de busca-lo pan en terra allea. Unha Terra, que dito sexa de paso, foi, froito do traballo, xenerosa, agarimosa e chea de amigos.

Durante longo tempo Xulio e eu só nos víamos na Mostra, mais il sempre andivo pendiente das miñas inquedanzas, ata que, xa xubilado, me brindou as páxinas de Galicia Dixital onde gozo dunha palestra moi libre e aberta.

Cómpre salientar que non é doado recuperar, despois de máis de corenta anos, aqueles amigos e persoas coas que nun tempo conviviches e as que deixaches nisa orfandade da que ninguén é culpable. Só os que vivímos a emigración -para mín foi emigrar, aínda que non saira de España- podemos decatarnos da soedade que supón o reencontro. Nada é igual. Pasaron moitos anos sen as conversas, sen compartir vivencias, sen saber cousas que son importantes entre os amigos. E agora é o momento de ser agradecido pola espera e perdoado polo abandono. E como quen é amigo sempre é xeneroso, hei dicir que me axudou a recuperar outros amigos e compañeiros dos que gardaba un fermoso recordo.

Nada me queda dicir a mín sobre os méritos de Xulio. Díxoo a Corporación da capital da Terra Chá cando por unanimidade, repito por uanimidade, lle concedeu dito galardón. O meu é só un aperta de amigo. Mero, se queres que o “carro cante”, necesitamos moitos coma ti e Xulio.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES