Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Farémolo polo noso propio ben

jueves, 25 de enero de 2018
Cando facemos algo ben feito para todos, estamos facendo algo bo para nós mesmos.
E cando facemos algo bo para nós mesmos; tamén o facemos para os demais.
Polo tanto, todo o esforzo que fagamos por conseguir maior benestar para todos, será ben empregado.

Para que o mundo vaia mellor cada día, temos que empezar por concienciarnos de que cada acto, por pequeno que sexa, vai redundar en beneficio propio e no da comunidade.

Tódolos nosos actos teñen as súas correspondentes consecuencias:
-Se o ser humano mima a casa de todos, a nai natureza, está tratando
cariñosamente á humanidade e a cada persoa en particular.

Afortunadamente cada día son máis as persoas que extreman os actos da vida cotiá como: o uso adecuado dun ben tan valioso como é a auga, a recollida selectiva de residuos, a posta a punto do coche…

-Se a xuventude se prepara debidamente para exercer con responsabilidade unha profesión, haberá bos profesionais a tódolos niveis.

Cada día que pasa a inmensa maioría da xuventude decátase de que hai que superarse todo o posible para labrarse un porvir, para fundar unha familia estable, para sentirse ben con un mesmo.

Lástima que haxa persoas sen escrúpulos, que non sei como calificalas (desalmadas) que botan a perder este divino tesouro.

Lástima, tamén, que haxa adultos que dan malos exemplos.

Se repasamos un pouco a historia, decatámons de que grandes imperios se derrumbaron por darse ó vicio.

Todos coñecemos algunha familia no noso entorno que botou a perder o seu futuro e o seu prestixio por un mal goberno da súa propia vida.

A MIN DÁME QUE PENSAR ESTO DE NON FUNDAR UNHA FAMILIA ESTABLE.
¿A onde queremos chegar?
¿A quen benficiamos?
¿Xa non nos interesa a nosa propia persoa?

TAMÉN ME DÁ MOITO QUE PENSAR COMO VE A INFANCIA ESTE TIPO DE CONDUCTAS:
¿Pensará que esto é o normal?
¿Sentirase ben con tantos cambios no seu propio fogar?

Estou convencida de que non.
Seguramente sufrirá moito e indudablemente repercutirá no seu rendemento académico, na súa vida emocional e no seu futuro.

¿CÓMO CONSTRUIRÁ A SÚA PROPIA VIDA DE PARELLA O DÍA DE MAÑÁ?
Non o quero nin pensar.

O que si quero pensar que conservarémo-lo sentidiño:

-QUE CONSERVARÉMO-LAS TRADICIÓNS QUE TANTO LLES COSTOU MANTER ÓS NOSOS ANCESTROS: as festas patronais, a misa dos domingos, a formación relixiosa da infancia, o respecto ás persoas maiores, a caridade cristiá...

-QUE VOLVEREMOS A DARLLE Á FAMILIA A IMPORTANCIA QUE NUNCA DEBERA PERDER: estabilidade emocional e temporal, seguridade para os seus membros, lugar de acollida nos momentos duros….

-QUE LLES OFRECEREMOS ÓS NOSOS NENOS E NENAS UNHA EDUCACIÓN MORAL E RELIXIOSA: que saiban sentirse amados por Deus, que vexan nos outros criaturas divinas, que teñan unha guía espiritual na súa vida…

-QUE SABEREMOS DARLLE O VALOR QUE LLE CORRESPONDE ÓS SERVIZOS PÚBLICOS: nada é gratis, todo ten un prezo, todo é froito do noso esforzo e do noso sacrificio.
Os servizos públicos pagámolos cos nosos impostos.
Estas e mil cousas máis están ó alcance de todos.

Se intentamos facelas o mellor posible, nós mesmos seremos os máis beneficiados.
Farémolo polo noso propio ben.

E deste xeito conseguiremos que se cumpran os desexos que nos formulamos nas pasadas festas nadalencas.

“ESTÁ Ó NOSO ALCANCE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES