Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 24 de enero de 2018
Vive e deixa vivir

Hai que tomar a vida como cadre. Se vén mal, pegámoslle unha reviravolta e facemos que se coloque ben. Se vén ben, plantámoslle un biquiño nos fociños e tiramos para adiante. Tamén é bo tomala con sarcasmo, home! Se non a tomamos así, non se entende o que acontece en Lugo. O PP pide que se organicen nesta cidade amurallada xuras de bandeiras para civís. Coma se non houbera outras cousas polas que pedir. Seguro que para o ano que vén, o Partido Popular pedirá que se cante o “Cara al sol”. Seguro! Sinceramente, non sei como tomar o asunto, o enredo. Tomalo de broma é darlle quizais demasiada importancia. Pingas de OrballoTomalo con indiferenza é deixar que, ó mellor, outras ansias pepeiras sigan a súa viaxe cara a un totalitarismo sen fin. A vida, é verdade, que ás veces é complicada. Aínda que quizais sexa mellor dicir que a vida fana algúns moi complicada. E coa sinxeleza que ten; todo consiste en seguir o lema ou a lenda de “vive e deixa vivir”. Non, hai que complicar todo. Agora montemos en cada barrio un mastro, colguemos unha bandeira e todos os sábados ou domingos berrar ben forte: “por Dios, por España y por el Rey!”. Amén.

Contra a varíola negra

Hai moito, pero moito tempo; máis ou menos polo xullo de 1909, moitas eminencias médicas chamábanlle a Galicia “a patria do gran Courel”. E non estou a referirme ós montes ou á serra do Courel, senón a unha familia de médicos que proceden de Viana do Bolo. Un deles, Luciano Courel Armesto, era quizais o que máis destacou nesa labor, xa que unha das súas especialidades era a de cirurxía e porque no ano 1881 desenvolveu unha labor moi importante cando ó noso país asomou unha forte epidemia de varíola. Esta empezara xa no século XIX e era coñecida como a varíola negra. Sospéitase que a orixe destas vexigas tivo relación coas posesións españolas das illas Filipinas e de Cuba, dado que o primeiro infectado e tamén a primeira vítima foi un soldado que chegou de Filipinas onde fixera o servizo militar. Luciano Courel Armesto nacera en 1857 e morreu no 1909, cando contaba con tan só 52 anos de idade, a consecuencia dunha infección que contraeu cando estaba cumprindo cos seus deberes profesionais. Durante uns cantos anos, chegou a ser o director do balneario de Baños de Molgas. A este doutor coñecíano máis fóra de Galicia que na súa propia rexión, e máis no estranxeiro que na propia España. O que adoita acontecer moitas veces.

Nin do santo nin da vela

O sol quería acocharse xa polo outeiro de Brandín, pero a Cadrolón Mascuno Sabiñago non lle preocupaba. Levaba tempo xa sentado no mazadoiro da burga e coa ollada perdida no horizonte, en calquera horizonte, pois mirase para onde mirase, non vía; simplemente deixaba a ollada fixa e, ale, a que pasase o tempo. Cadrolón Mascuno ni agarraba do santo nin tiña man da vela. Non facía nada. Non se centraba en nada. O rapaz estaba un pouco ido. Porque era un rapaz. Un rapaz pobre, pero rico en accións, en xestos e en simpatía. Mais hoxe... pobre rapaz!
Pingas de OrballoO sol xa se deitou polo outeiro de Brandín e unha ambulancia pasou a fume de carozo con dirección a Maceda. Pois nin isto fixo que Cadrolón Mascuno Sabiñago desviase a ollada do horizontes, de calquera horizonte. Seguía sentado no mazadoiro da burga, e de paspán. Pero o rapaz non era un paspán. Abofé que o sei eu, que por iso son o seu veciño. Pero hoxe recoñezo que nin agarra do santo nin ten man da vela. Non sei que lle pasa. Ó mellor aféctalle a luz da lúa vella. Está moi chea.

O Santiago Pemán daqueles tempos

Aquel que queira facerse notar, adoita telo fácil: todo consiste en soltar algunha parvallada e quedar tan pancho. E faise desde que o mundo é mundo. Hai xente que esbardalla porque xa naceron así. Chega entón un momento en que xa o ven tan simple que saben seguro que convencerán ós demais sen grandes esforzos. E os demais tamén asimilan de tal maneira o proceder daqueles que ven o asunto como real, como auténtico, como crible. Alá polo menos de maio de 1904 un vello labrego de Baños de Molgas prognosticou que desde o día 13 e ata o día 20 do mes das flores habería fortes xeadas que, para máis carallos, causaríanlle graves prexuízos ás viñas. E quedou tan pancho. Para saír tal predición nos xornais daquela época é porque a xente cría nesas cousas. Por outra banda, tal nova faime pensar que o Santiago Pemán daqueles tempos estaba a prognosticar o clima da provincia ou de toda Galicia, pois que eu saiba, en Baños de Molgas, nunca tiven coñecemento de que houbese viñas. Parras si; parras tiñan practicamente todas as casas. Pero as chamadas viñas... non sei. De todas formas o labrego sentenciou e punto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES