Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentenzas, Fías e Ruadas (4)

martes, 23 de enero de 2018
.../...
¿Que tal lles foi co galo aos nosos veciños e parentes da suevia portuguesa?


Para falar diso, coa máxima autoridade posible, voulle cede-la palabra a Antonio Lourenço Fontes, que vén a ser o Vicente Risco deles, deses irmáns tan iguais a nosoutros, e por ende, tan queridos:

...

Talvez seja este costume carnavalesco de Domingo Gordo un resto de certos ritos de culto pagâo. A inmolaçao do galo em dia de Carnaval é aínda vivo en muitas aldeias da Europa, com mais ou menos variantes. Conheço de Galicia várias aldeias que o conservam. E em Barroso aínda está vivo o costume em Gralhas, en Viade, na Vila da Ponte, en Meixide, polo menos. Noutras há a doce recordaçao da euforia que tal uso proporcionava a todos, en especial à gente nova. Há variantes neste rito do jogo do galo. Em Viade e Vila da Ponte, os rapaces compram um galo. Num largo, despois de esconderem na terra todo o galo, excepto a cabeça. vendam os olhos a todos os participantes e, à vez, com um pao nas mâos, procuram matar o galo. O que o matar nâo paga. Em Gralhas os rapaces enfeitam com fitas garridas o galo mais lindo da aldeia. Vestem-se de cores garridas, barretes de papelâo, imitando romanos. De antemâo, dois jograis com boa voz, e jeito para versejar em quadras, escreveram ou decoraram o testamento do galo.

Testamento do galo ou motes.


Ao recolher do galo em Gralhas, assistimos à leitura ou proclamaçao do testamento do galo. Sâo críticas mordaces de toda a mocidade solteira e por vezes dos casados. Ali descobrem e julgam todos os actos mais caricatos, ou que mais deram que falar, durante todo o ano passado. Os namoros das moças, as desfeitas que os rapazes lhes fizeram, amores proibidos, casamentos a combinar. Dois rapazes, um de cada lado da rua, debruçados sobre uma janela, para todos verem e ouvirem bem, declaram em voz alta, na frente de numeroso público, a longa enumeraçao das suas apreciaçôes à vida pública e íntima, amorosa, de cada par.

Fragmento do Testamento dun Galo em Vilar de Perdizes:

...

Vou deixar a minha crista
É a que dá mais na feira,
Para toda a juventude,
A que for mais lambareira
E as penas do pescoço,
É onde as tenho mais bastas,
Deixo-as para as mulheres,
Ás que forem mais beatas.
Deixo as penas das asas
Para quem as quiser usar,
Ao homem mais leve do povo
Para melhor poder voar.
Vou deixar as minhas unhas
Para todas as viúvas,
Para se ranharem de noite,
Quando morderem as pulgas.
Eu quero deixar o bico
A quen toda a gente veja,
Ao reitor da freguesia,
Para cantar na igreja.
.../...


A estas quadras também lhe chaman motes. Em todas as terras se fazem motes, em que se critica a vida alheia, especialmente da mocidade solteira. No dia de Ano Novo ou de Entrudo ou Páscoa ou outra festividade solene sâo lidos ou entâo colocados, onde se espalhe a notícia. Em Vilar de Perdizes jogavam o galo no dia de Domingo Gordo. Começavam por se juntar no Largo da Laborada. O galo ia todo enfeitado num carrinho com os seus acompanhantes: o juiz, escrivâo e testemuñas. Aquele era suspenso no ar, com as pernas presas. E os rapazes com espadas de pau tentavam acertar-lhe para o matar. Os que o suspendiam nâo deixavam atingi-lo. Vinham, despois de ler os motes referidos àquele bairro, para o Cruzeiro, onde terminavam de ler e executavam o galo com a espada de um dos rapazes que, por fim, lhe acertou em cheio. Era depois comido por todos.

-.-


Sentenzas, Fías e Ruadas (4)

¿Aquí en Galicia, resucitan / poden resucitar as Corridas do Galo?

¡Non sei se resucitan os galos ou é simplemente que sobreviven! Tanto no El Progreso como en La Voz de Galicia veñen recolléndose novas de certas celebracións que tenden a imitar as antigas. A título de exemplo: en La Voz de Galicia, do mércores 7-2-2007. L8. Comarcas. Líase: "El baile de las madamas y galanes y la Corrida do Galo, las dos principales atracciones del carnaval de Vilaboa (Pontevedra) se celebrarán el próximo día 20 en la explanada de Riomaior, en Santa Cristina de Cobres. En esta ocasión, el pregonero será Rubén Riós, el actor que representa a Marcos en la serie de la TVG, Libro de Familia". O que non pode, nin debe esperarse, é un retorno ao público sacrificio dun procreador, ¡por cantante que sexa!

Vai haber Pascua en tal sitio...

Aínda que hoxe se nos acae mellor falar das "corridas", é máis certo que a nosa xente, na época do seu apoxeo, nomeábaas "As sentencias da Pascua". "Vai haber Pascua en tal sitio...". "¿E logo, quen vos fixo as sentencias?. Dábaselles importancia segundo quen fose o Autor, o "espada" destas "corridas". Non era preciso que fose da parroquia, pero había que confiar nel, non só para a letra senón, e tamén, para dirixi-los ensaios, que sempre se fixeron a porta pechada.

De letristas anónimos, nada; outra cousa era que non as rexistrasen como propiedade intelectual, e que llelas copiasen, ¡había tan poucos papeis para ler, para practica-la lectura! Coas coplas dos cegos pasaba algo parecido. Copias, copiare, ían pasando de man en man, ¡e iso si que era cultura popular! Por certo, que a influenza do "Catecismo do Labrego", de Valentín Lamas Carvajal, tanto nas Corridas do Galo como na ideoloxía e nas reivindicacións labregas foi tremenda: vendeuse profusamente nas feiras, por entregas; e seguidamente foi copiado en senllos cartapacios, de xeración en xeración. Podo referir a anécdota de que, desprazado para "poñer escola", que así se dicía daquela, nos anos 1946/48, tanto en Santa María de Piñeiro como en Santa Mariña de Librán, en ambas parroquias, ben distantes entre si, os vellos do lugar sabíanse de memoria o Catecismo do "Tío Marcos da Portela"; se cadra, aínda mellor có da doutrina cristiá do P. Astete! A propósito da memorización destas cousas do rural, outra anécdota: O día 5 de xuño do 2008 coincidín en Fonteo, nese bar do Museo das Fontes do Eo, cunha señora de oitenta anos que me recitou, ¡de memoria!, varias estrofas dunha Sentenza que lles fixera meu pai para unha Corrida do Galo nesa parroquia da Baleira; o que non lembraba con exactitude era o ano da mesma, pero sostívose en que foi polo 1950, "ano arriba ou abaixo".

A teima da xustiza non nosos paisanos non é, non foi, episódica; vén de vello, e témola pouco estudada. É indubidable que a condena do galo, en tódalas celebracións deste tipo, presupón, tácita ou expresamente, a presenza dun poder sancionador, que non sempre, nin en todas partes, requiría as formalidades dun tribunal convencional, pero na nosa bisbarra dábanse acenos especiais pois sempre se puxo moito énfase no procedemento das sentenzas: testemuñas contraditorias, acusación, defensa, testamento, ou sexa, últimas vontades, do reo, etcétera. Nalgún caso ata se designaba un "Presidente de Audiencia", que xa era o colmo do perfeccionismo. ¡En definitiva, que había que xustificar as condenas, fosen do galo ou da Pascua!

¿Quedarían secuelas, rememoracións transmitidas na lareira, de xeración en xeración, daqueles tribunais da Inquisición? É certo que por aquí tivemos dominicos, pero os nosos, aqueles xerarcas das nosas leiras, tiñan máis de granxeiros que de tridentinos. Tamén o é que as nosas igrexas foron sucursais de Valladolid, e os casteláns -recollo aquí un pensamento do propio Castelao- sempre foron máis papistas có Papa. Pese a todo isto, a tolerancia relixiosa, non só nesta bisbarra senón en toda Galicia, sempre foi proverbial, que aí temos de mostra o acollemento que se lles fixo aos xudeus expulsados de Castela. Concretamente no Corgo, aquí ao lado, ou máis exactamente, aquí dentro, (¡Condado de Flammoso!), aínda se conserva, entre outros probables, o apelido Jacob, rotundamente xudeu. Igual pasou na parroquia de Librán, onde se deu a casualidade de que a casa máis próxima á igrexa, hoxe en ruínas, era a da Eirexe, ¡de apelido, San Miguel! ¡Outros conversos! Cabe do Rego dos Lagartos, en dirección a Pozos, neste Castroverde, está o lugar de Toldaos (toledanos, xudeus vidos, escapados, da parte de Toledo).

Se establecésemos un paralelo cos Carnavais actuais, habería que ganduxalo porque xa non se sostén nas propias raiceiras:

Aquel onte estaba preñado de rebeldía baixo a careta dunha submisión vasalar; este hoxe, coa rebeldía exteriorizada, legalizada, converteuse nun taboado de marionetas, no que somos manexados como nunca, pero con fíos invisibles. ¿Por quén? ¡Por todo o mundo circundante, empezando por nós mesmos: polas nosas pretensións, polas apetencias desmedidas; as promesas políticas, os xeos empresariais, os medios de comunicación de masas, a crueza da globalización, eses americanos que nos venden billetes para ir á lúa...; en definitiva, unha soberbia e unha mecanización que nos converteu en parafusos sen osca!

Quédanos, pois, acoutado o estudo da nosa teima pola xustiza, que todo por aquí debeu ter as súas complicacións dada a concorrencia de tan variadas xurisdicións en tan pouco espazo:

. Ata a casa da Veiga de Pena (outros din que o fito era o desaparecido cruceiro das Veigas dos Feás), chegaba a xurisdición de Lea.

. En Montecubeiro temos os alicerces do cárcere do Barreiro; e no propio San Cibrao están as casas da Picota, ou cepo dos escarmentos, lembranza recollida no propio topónimo.

. Da xurisdición de Castroverde quédanos a Praza do "Rollo", ao sopé do castelo. Este "rolo" infamante foi eliminado en virtude do Decreto de 26 de Maio de 1813, por inspiración das Cortes de Cádiz. ¡O rolo non queda, pero a quen lle gusten as emocións fortes suxírolle que se dea unha volta polo Museo de Lugo, pois alí, colgadas no mesmo patio, consérvanse as cadeas e mailos grillóns do noso castelo! O cepo desapareceu, ou está retirado; ou o vendeu alguén, pois espoliacións dese tipo téñense dado.

. En Pena, que non é que o estean, senón, e máis ben, que se abeiran diante dela, tiveron os señoríos das casas de Mondriz e de Carballedo, onde os Osorios e mailos Pardo nomeaban xuíz ordinario.

. O do Picato, que lle correspondía ao Marqués de Castelar.

. E aínda houbo outros, outros señoríos, pola parte de Cellán, Pumarega, Miranda, Soutomerille, Vilafrío, etcétera.

Como vedes, Xustiza había; había tanta, que probablemente o que faltase era xustiza; ¡e de aí veña a fame e maila sede que dela tiñan os nosos devanceiros!
-.-

Algo máis sobre a “Pascua”


A Pascua de Resurrección era moi desexada, por varios motivos, e non só polos estritamente relixiosos: medraran os días, volvíase ao touciño, a terra xa secara moito e apetecía arala…; pero tamén inspiraba certos temores pois era crenza estendida (localizada en España, Portugal, Francia, Italia e Suíza), que, se as Pascuas caían no mes de Marzo, o ano traería fame, guerras, catástrofes… ¡Por algo iso de Marzo vén do deus Marte!

En Andalucía dicían, Pascua en Marzo, Pascua enmarzá. En Portugal: Páscoa en Março, ou fome ou mortaço. Ata na Suíza sureña: Pascos marselinos, péstos, guerras ou faminos.

En canto ao calendario, o concilio de Nicea (ano 325) decretou que a Pascua se celebrase no domingo seguinte á lúa chea do equinoccio de primavera; e cando este sexa anterior ao plenilunio, anticípase, podendo caer desde o 22 de Marzo. Polo contrario, se a lúa chea é anterior ao equinoccio, a Pascua retrásase, para celebrala en Abril, pero non máis tarde do 25, que iso pasou no ano 1943.
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES