Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ten razón o Valedor

lunes, 13 de agosto de 2007
Chéganos a frase do novo Valedor do Pobo de Galicia, Benigno López, e non podemos menos que darlle a razón : “Usar o galego se non se domina pode ser moi perigoso na Xustiza”. Sí, señor, ten toda a razón. Pero o problema é outro.

Posiblemente o recentemente designado Valedor do Pobo non entenda por que, estreando o cargo, xa colleitou as primeiras críticas, precisamente por estas declaracións que seguro considera asisadas, e nas que ten máis razón ca un santo. Pero o problema é outro.

Na Xustiza, máis quizá que noutros campos onde tamén é vital, o manexo do idioma esixe perfección, porque os matices lingüísticos significan máis ás veces que o propio sentido exacto das palabras. Usar o galego se non se domina é perigoso na Xustiza. Como o sería usar o francés, o inglés…e o castelán!. Pero o problema é outro.

O problema, señor Valedor, é que entón o que administra Xustiza non vale. Non vale para administrar Xustiza en galego quen non coñece o idioma, a historia, os usos e costumes. E administrar Xustiza en Galicia en castelán, ó mellor chegamos á conclusión que no século XXI pode ser de xustiza pero non é de recibo.

Ten razón o Valedor. Pero o problema é outro. O problema non é do idioma. O problema é dos administradores de Xustiza que non dominan o idioma propio deste País. Aínda que legalmente teñamos dous. Canto nos queda por andar, Señor. Vállanos o Valedor!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES