Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir de chatos

miércoles, 08 de agosto de 2007
Esquecerse do apartado de correos durante un tempo, pode ser perigoso pero tamén pode ser clarificador. Perigoso, se chega algún envío importante que deberías atender a prazo fixo. Clarificador, se resulta que a maioría dos envíos que recibes son perfectamente prescindibles.

Alomenos tres meses sen abrir o apartado, tempo abondo para obter unha perspectiva temporal significativa, aprecio o labor do Concello de Lugo na súa relación social. Teño, sí, unha tarxeta de Orozco proclamando “Faremos máis”. E información sobre o programa cultural do Bng para as municipais. E do Concello, carta sobre a campaña “Conéctate en Lugo”, animándome a formar a miña familia dixital.

A Mesa pola Normalización Lingüística invítame a participar nun par de actos, os bancos mándanme recibos pagados e estados de contas, e a publicidade postal aparece en todo o seu esplendor.

Os recibos gárdoos por se algún día me da por recapitular no tema económico, a publicidade ráchoa e tiro as propagandas políticas porque xa se sabe que unha vez pasadas as eleccións non van valer para nada.

Gardo eso de conectarse a Lugo e o de formar a miña familia dixital por se me da unha toleada e, xa que a familia física me vale moi ben a que teño, calquera día me da por ir de chatos pola Rede.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES