Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aínda estamos a tempo

jueves, 18 de enero de 2018
Fai uns días escoitei a unha avoa dicir con moita dor no seu corazón:
“TEMOS ALÍ UN RAPAZ QUE NON DÁMOS FEITO BO DEL”
Cando escoitas esto, é como se che cravaran un puñal na alma.
Unha persoa empezando a súa vida e dese xeito…
¿Triste, verdade?
A min deume moita pena porque seguramente non darán feito bo del eso que xa é un mociño.

Se fora este un caso aillado, diríamos que é cousa de mala sorte; pero –desafortunadamente- debe haber moitos casos así.
¡Canto sufrimento para as familias!

Digo que debe haber moitos casos así porque se ven á saída das discoltecas a primeiras horas da mañá, adolescentes que deberían estar durmindo nas súas casas.

Se os adolecentes andan pola rúa a altas horas da noite ou da madrugada, sen descansar, bebendo e facendo sabe Deus que…
¿Cómo poderán aproveita-las clases ó día seguinte?
É normal que suspendan seis ou sete asignaturas; o raro sería que aprobaran.
¿Qué futuro lles espera a esas criaturiñas?
¿Onde estarán ou que farán os seus proxenitores?
Moito me temo que máis ou menos, outro tanto.

Así non construímos un mundo feliz.
Quizais pensen que a felicidade consiste neso, pero a min paréceme que están moi enganados.
Non sei se están enganados ou están moralmente enfermos.

¿Unha parte da sociedade actual está moralmente enferma?
Se así é, deséxolle unha boa recuperación para este ano que acabamos de empezar.
Este colectivo necesita unha cura, unha posta ó día.
APELO Ó SENTIDO COMÚN DAS PERSOAS.

Sei que tódolos país e nais desexan o mellor para a súa descendencia e que farán o imposible por encauzala como é debido.
Porque:
¡XA ESTÁ BEN!
¡XA CHEGAMOS Ó LÍMITE!
Hai un dito popular que di:
“NON HAI BEN QUE POR MAL NON VEÑA”

A ver se chegamos a comprender que máis tarde ou máis cedo teremos que rectificar.
“FARÉMOLO POLO NOSO PROPIO BEN”
Este será o título do seguinte artigo.

Quero agradecer a tódolos pais e nais que saben exercer como tales.
Ademáis de facer un gran ben para eles mesmos, tamén están colaborando para mellora-la calidade de vida de todos en xeral.

E a esas familias que din que non dan feito bo deles, que se autoeexaminen e recapaciten:
“¿OS NOSOS NENOS NACERON MAL EDUCADOS OU FOMOS NÓS QUE NON SOUBEMOS ENCAUZALOS NIN CORREXILOS A TEMPO?
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES