Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 17 de enero de 2018
A expresión dun pensamento

A cidade respira gases tóxicos porque o alalá dun vehículo xeme cancións que ninguén canta. Oxalá as pingas de orballo mollen uns beizos secos porque unha vida chea de espiñas non adoita bañarse nunhas herbas molladas. Os gases tóxicos pérdense pola outra cara da lúa na procura duns astronautas que saíron a un paseo espacial pero sen ningunha ruta turística. Algún deles xa está programando unha andaina intergaláctica. Por entre as estalactitas e estalagmitas duns meteoritos que pasan polo lado esquerdo da lúa vella. Quen quere ser a lixo de po que se pousa na punta da antena da nave espacial que navega polo espazo sen tan Pingas de Orballosequera despegar? Ás veces é complicado comprender o que non se entende. Ás veces o entendemento non ten quen o escriba. E toda palabra escrita queda aí, para sempre, para que un iluminado lle dea mil voltas e ó final non entendas o que se quixo dicir. Se algo se quixo dicir. Moitas veces por moito que se diga non se di nada. Outras veces, unha simple palabra chega para que a expresión dun pensamento sexa todo un soño.

A banda sonora dun asubío

Levo 15 minutos escoitando o álbum musical “Live at the Apollo” de James Brown e fóra chove. Ou marmaña. A man dereita refrega as cellas dos meus ollos e tan só un pensamento bule polo espazo baleiro dunha cociña pequena. Non teño por que dicir o pensamento. Chega con que imaxinedes a contemplación dun debuxo sen liñas que colga no medio da parede nun cadro sen marcos. Hai rarezas que se acochan entre unhas ideas que non significan nada. Agora mesmo non sei se segue chovendo. Ou marmañando. Non teño opción nin ganas de levantar da cadeira para ollar pola fiestra. Así é que sigo sentado e escoitando a inconfundible voz de James Brown. Asoma pola miña boca un bocexo e penso que pode ser polo aburrimento ou porque as palabras dunha oración non acaban de formar unha frase. Así é que moito menos un parágrafo. É complicado ás veces reter un pensamento. Non queda entón outra que dicir que a banda sonora dun asubío compúxena no tempo de cando era rapaz, alá polo monte Medo. E principalmente cando a néboa era espesa. Nunca me volveu saír outra banda sonora tan boa.

Alguén que rompe as regras

Cada vez que usamos a expresión “coa igrexa topamos” facémolo sempre en plan negativo. Eu mesmo, non hai moito, nun Testemuñas da Memoria usaba esa expresión no plan de que “ata aí se chegara co asunto”. Pero ás veces hai alguén que rompe as regras e déixanos coa boca aberta. En Baños de Molgas aconteceu. Porque en Baños de Molgas, aínda que non queiramos, acontecen moitas cousas. Certo, boas e malas. Neste caso boas. A principios de marzo de 1904 o defunto párroco de Baños de Molgas, don Miguel Álvarez, deixou no seu testamento 4.000 pesetas para os pobres da parroquia de San Salvador e 1.500 para a Igrexa. E a maiores deixou tamén 125 pesetas para cada unha das igrexas nas que serviu. Naqueles tempos imaxino que en poucas porque Pingas de Orballohabía curas abondo, que se é hoxe, ou repartía a menos cartos ou non lle chegaban para distribuílos entre tantas parroquias como levan. Hoxe en día, algúns cregos pérdense ó contar as parroquias. O dito: semella que don Miguel Álvarez era unha boa persoa. Claro que tampouco quero entrar na análise de como conseguiu tal cantidade de cartos. Iso, no ano 1904, tiña que ser coma hoxe unha millonada. Máis ou menos. Non obstante, o detalle está aí.

Unha auténtica feira

Estou cansado. E non de traballar (por sorte estou de vacacións e chove, o que significa que non vou á viña). Estou cansado de ler sempre o mesmo. O desgraciado asunto de Diana Quer e O Chicle. Haberá unha semana (ou máis xa, non sei), cando se pillou ó culpable, houbo un xornal galego que ocupou 12 páxinas falando dese asasinato. Ós tres ou catro días aínda enchía oito páxinas co mesmo. Por moito que doa e por moito que se lle queira a unha persoa (descoñecida, pero persoa), chega un momento en que todo cansa. Eu, se chegara a ser familia da rapaza, prohibía desde o primeiro momento todo o barullo que se armou en torno ó asasinato. E a xustiza, se fora como tiña que ser, proclamaba o segredo do sumario. É que entre uns e outros están formando xa tal feira que chega un momento en que non che queda outra que dicir: basta! E despreocúpaste da rapaza e do que lle pasou á rapaza. O mesmo, o mesmo que acontecera con aquela Marta del Castillo. Meus Deus!, xornais, televisións, radios, revistas... unha auténtica feira. Pobre rapaza! Non merece isto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES