Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: As festas, cos tempos

lunes, 06 de agosto de 2007
É evidente que as formas de vida dun pobo, e as circunstancias que nelas concurren, así como as tradicións locais, é decir a súa historia, teñen, ou deberían ter, o seu refrexo na programación festeira, pois coidamos que toda manifestación pública, emanada das institucións, debe dotarse dun compoñente cultural e un contido didáctico aproveitando neste caso a amenidade, e mesmo o divertimento, para espallar a mensaxe e o coñecemento por parte das xentes daqueles aspectos que ó longo dos tempos conformaron a existencia dunha sociedade precedente, cuxas vivencias nos levaron a ser, para ben ou para non tan ben, o que hoxe somos.

Hai algúns anos, en viaxe que fixemos a Alemania, chegamos a Goslar, unha fermosísima cidade que forma parte do Patrimonio da Humanidad, con numerosos edificios históricos e unha ducia de museos. Impresiona o exquisito coidado e respecto a tanto monumento.

A zona foi moi rica en minas de prata e plomo, actividade desaparecida hai tempo. Pois ben, na actualidade un dos grandes atractivos turísticos, que cada día concentra na súa praza principal a milleiros de persoas, é o reloxio do municipio que cando da determinadas horas, ó abrirse unhas portelas do mesmo, aparece unha escena de mineiros, coas palas e picos, os carretillos, os cascos na cabeza, os candís nas mans, en definitiva con tódolos atributos tradicionais dos traballadores das minas, nun desfile que engaiola á multitude que o contempla. Ó remate resoan en todo o espacio os aplausos entusiastas.

As minas que xa non teñen, seguen a ser productivas para Goslar…
Nos tempos da nosa infancia e adolescencia Foz era un pobo eminentemente mariñeiro; acaso o mais da Mariña. Toda a súa vida social e económica pivotaba sobre a actividade derivada do mar: os asteleiros, a pesca, o cabotaxe e as conserveiras. Por eso as festas tiñan un marcado carácter mariñeiro e as regatas de traiñeiras era o número estelar, no que se enfrentaban embarcacións de portos do noso litoral e do occidente de Asturias, á conquista do “Gran Trofeo DALO”. Amais delas, as competicións a nado, as cucañas, regatas de tinas, a caza do pato…convertían a dársena en animado escenario de tanto espectáculo.

Polo demais a música (dianas e alboradas, concertos, verbenas…), os foguetes “de gran esplendor que lanzarán sus luminarias mientras el espacio es rasgado por magnífica lucería de voladores y ráfagas de mortero, iluminándose vivamente por los destellos de bengalas en paracaídas…”. Milleiros de luces multicolores -o mestre Lugilde era o artífice de tanto colorido- engalanaban a Rambla…

As bandas de música “Rebollar” e “Garrote”, de Ortigueira, eran asíduas ó San Lourenzo dos nosos primeiros anos, así como a de Mondoñedo.

Tras dos “xigantes e cabezudos” marchabamos tódolos pícaros do pobo, indefectiblemente acompañados polo cuarteto viveirense “Brisas do Landro”, daquel personaxe singular que foi Pepe Randa.

Estamos a falar dos anos miserentos da posguerra, do pan do racionamento, das roupas cheas de mendos nun esforzo inútil por tapar os buracos para evitar o frío ou das zocas fendidas atadas con alambres.

A sociedade de hoxe -a Deus gracias- nada ten que ver con aquela na que sobrevivir era unha fazaña; a evolución económica e cultural, os medios materiais e técnicos ó noso alcance, a tecnoloxía e a informática; os aparellos audiovisuais e demais eximennos hoxe de todo esforzo imaxinativo e prodúcese un troque de valores: antes as festas eran sobre todo unha ilusión.

Foz deixou de ser mariñeiro e nun xesto non exento de infidelidade ás súas orixes, as festas esquéncense do mar.

E se non somos mar ¿qué somos?...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información