Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fraxilidade das estatuas

miércoles, 08 de agosto de 2007
As prazas son para as xuntanzas, para as celebracións, para as festas. As estatuas, monumentos, bustos, son para que as comunidades honren ós máis destacados dos seus conveciños, ou para conmemorar circunstancias ou acontecementos.

En Viveiro, a praza principal tiña no centro unha monumental estatua de Pastor Díaz, que dificultaba todo tipo de celebracións polo que o concello decidiu trasladala a unha esquina de xeito que o viveirense escritor e político segue a ter un lugar de honra na praza maior do seu pobo.

En Portomarín, lugar histórico principal no Camiño francés a Compostela, erixiuse hai anos unha estatua pétrea ó Peregrino, e situouse na praza central, que leva o nome dos Condes de Fenosa. Quedaba diante do Concello e diante da igrexa monumental de San Nicolás.

Coa disculpa de que non se podía contemplar axeitadamente a fachada da igrexa trasladada pedra a pedra cando as obras do embalse nos anos sesenta, e aproveitando o cambio político no Concello, retirouse a estatua do peregrino, pero non para unha esquina da praza ou calquera outro lugar do histórico pobo senón que, a falta de idea preconcebida, levouse ó punto limpo da vila, que ven ser onde se deposita o lixo, déaselle o tratamento que se queira.

A diferencia de trato é evidente. Cando o de Pastor Díaz, un sector de viveirenses puxo o berro no ceo. Co de Portomarín, máis impreciso ou etéreo o homenaxeado, hase saber. E eso que en moi boa parte, Portomarín vive do seu emprazamento no Camiño e do paso de milleiros de peregrinos a Compostela.

Parece que a pedra é perpetua. Pois non. É, polo que se ve, tan perecedeira coma o material máis fráxil.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES