Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Papaíto' e o cine en Foz

viernes, 12 de enero de 2018
En 1895 os irmáns Lumiere presentaron en París o descubrimento do cine, que chegaría a Galicia en 1910 e puido ollarse entón no estudo do fotógrafo Xosé Xil, de Vigo, ao que acudiron as mais sinaladas personalidadades da cultura galega.

Pasado un tempo, proxectaba películas mudas nun salón (La Sociedad), que servía tamén para as sesións de baile: rematadas aquélas, retiraban as cadeiras e un organillo lanzaba ó aire os sons de pasodobres, valses, mazurcas e rigodóns que eran os ritmos que entón facían furor entre a mocidade dos “felices anos vinte”.

Foi en 1936 cando o dinámico comerciante instala o cine sonoro, e construú o singular edificio na Avda. da Mariña (que hoxe ocupa parcialmente a Librería Bahía), sede do histórico cine Cageao. Accedíase a La Sociedad por unha orixinal escaleira de caracol, e nas paredes lucía fermosas pinturas con escenas de “Brancaneves e os 7 ananiños” obra do pintor mindoniense Alonso. En 1962 inaugúrase, pretiño diste, o que sería o seu sucesor, con mais de 600 localidades que, a posteriori, pasou a propiedade dos irmáns Pequenete.

Pero a historia do cine en Foz viuse interrumpida… A irreverente voracidade inmobiliaria engulíu a que era magnífica sala, sen visos de relevo. ¿Volverá…?

Xesús Cageao, nacera en Baamonde en 1878. Emigra a Bós Aires e alí traballa no sector de Artes Gráficas. Coñece a Encarnación Padriñán, de ascendencia focega; casa con ela e regresan,á nosa vila, na que instalan a fonda “La Primitiva”. Os agarimosos apelativos de “Papaito” e “Mamaíta” eran os que os netos aplicaban no ámbito familiar que a veciñanza universalizou, e todos os chamabamos dese xeito.

Él foi un comerciante emprendedor, dinámico, optimista, maxinativo, progresista, arriscado, xeneroso e moi traballador. No semanario “Mondoñedo”, que polo 1908 se publicaba naquela cidade, aparecía iste anuncio: “La Primitiva”. ”Casa de huéspedes de Jesús Cageao”. ¡Grandes comodidades para viajeros!. Alumbrado eléctrico en todas las habitaciones. ”La Casa dispone de coche y casetas en la playa para servicio de sus clientes”. Hai mais de cen anos; ando a electricidade acababa de chegar a Foz e apenas circulaban coches polas estradas. Era un adiantado.

A súa desbordante fisonomía; a cadea do reloxio por enriba do chaleque; o ineludible tabaco á man -era un sibarita e consumado fumador- dábanlle o aspecto de fornecido naviero ou de “rico empresario dun circo monumental”, como alguén o describira.

Primeiro exportador de marisco da Mariña, o seu principal mercado era Asturias, a onde o transportaba, ó principio en veleiro que orixinaba considerables perdas, cando os ventos non eran favorables, e logo nun dos primeiros coches que circularon polas nosas estradas.

Cando unha lancha de Foz chegou a porto traendo, por sorpresa, unha tartaruga xigante, mercouna Papaíto para exhibila nas feiras; así o fixo no San Froilán e as San Lucas, levando como voceiro ó vello Montero, de Mondoñedo, o pai do Mago Merlín, que reclamaba a atención das xentes: “¡Lo nunca visto, señoras y señores!”. ”¡Pasen y contemplen este mostruo marino, llegado de lejanos mares!”.

A tartaruga precisaba renovar a auga salgada do seu hábitat. Polas San Lucas era oportuno facelo e Suso, o fillo de Cageao, saíu no coche, cara á beiramar; pero como aquela noite namorara unha brañega no campo da feira; para voltar de contado, cargou no río Masma, en Lourenzá, do líquido elemento e a auga doce rematou coa vida do “monstro mariño”. Él foi, que saibamos, o único ”barraquista” da historia de Foz. As primeiras carolas que chegaron aquí motorizadas deberon a Papaíto semellante favor.

Foi o Dión Boutón quen sufríu a primeira gamberrada dunhas eleccións políticas. O bó do popó, con un cilindro repleto de certo líquido que cheiraba mal, non se resignou a quedar no garaxe e contribuiu eficazmente ó trunfo do seu candidato (A. Toimil).

O ano 1912 Papaíto establece servicio diario entre Viveiro e Ribadeo cun coche Phanairt Lewasor, francés, de 8 prazas, e nos baixos de Socorros Mútuos, no porto, instalou unha cetárea, da que en maio de 1944 saíron as 14 langostas para a comida que, no mosteiro de Samos, ofreceran ó xeneralísimo Franco, e que custaran 325 pts, segundo cargo que se pasou ó Goberno Civil de Lugo. En auga da ría estableceo un criadeiro de ameixas.

Nas décadas 30/40 do pasado século, José Mujica e Jorge Negrete, eran as dúas estrelas da canción mexicana que tras deles arrastraban multitudes. Ás veces, a pedimento do público, o operador, rebobinaba a película e volvían a escoitar as súas cancións.

Anos mais tarde tería aquí o seu local social a Asociación Pena da Rapadoira, de tan grata memoria na historia social e cultural da vila.

Da nosa infancia gardamos memoria da xenerosidade de Papaíto: a pobreza vivida nos anos da posguerra, facía que algúns rapaces non deran conseguida a peseta que custaba a entrada de” galiñeiro”. Por iso que, mentres os espectadores accedían á sala, un grupo de pícaros merodeaban arredor da taquilla, ata que Papaíto asomaba por ela e decía ó porteiro: “Paxariño” (tal era o apodo), ¡que suban os nenos…!” Nengún rapaz quedaba sen ver a película por mor de non ter a peseta…

Cando no ano 1952 finou Papaíto, Alfonso Toimil, sobriño do histórico mestre de Fondós, publicou no xornal unha semblanza del, a quen definiu como institución focense que rematou con estas verbas: “Para ser de todo Cageao fue también empresario de “cuplé”. ...De haber asistido a su conducción, me hubiera tomado la libertad de expresarle mi adiós postrero con estas palabras: “LO QUE HOY DEJAMOS EN ESTE LUGAR SAGRADO ES ALGO MAS QUE LA PERSONA DE CAGEAO. HOY HEMOS SEPULTADO 50 AÑOS DE LA HISTORIA DE FOZ”.

(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista Oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES