Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ciencia Ficción

jueves, 11 de enero de 2018
Na páxina da "Historia en 4 tempos" coa que Maribel Outeiriño lle dá para atrás ó noso reloxo colectivo para detelo no mesmo día do xornal, pero de hai 25, 50 e 75 anos, leo que o 6 de xaneiro de 1968, coma se fose unha verdadeira regalía "real", o proxecto antecesor da actual Coren, é dicir, Uteco, puña en marcha un plan vacún destinado a introducir razas propias de leite, algo que, nos tempos de devalo da agricultura, axudou a manter unha certa actividade gandeira nalgúns puntos xeográficos da provincia.

Concretamente, a crónica de Maribel dicía, de forma literal: "Uteco pone en marcha su plan vacuno con la entrega de las primeras 66 vacas a cooperativistas de Celanova, que vivió una gran jornada con la presencia de las autoridades provinciales y la plana mayor de Uteco, con el gobernador civil, senór López Ramón, y el presidente Eulogio Gómez Franqueira, a la cabeza. Las espléndidas vacas, de raza 'Hostein Frisen', han sido importadas de Canadá, llegando al puerto de Barcelona, desde donde fueron trasladadas en camiones a Celanova".

Aínda que o feito de que o destino final do rabaño vacún fose a terra na que nacín non lle outorga mérito maior á noticia, si que é certo que foi o que fixo que reparara nela, por máis que hai xa algún tempo que un ribeirán de pro, vello colaborador de Gómez Franqueira naqueles anos primeiros, xa mo explicara a través do correo electrónico.


De tódolos xeitos, independentemente do destino final das 66 vacas, o certo é que a información semicentenaria encheume a retina porque algo que daquela -¡hai 50 anos!- foi posible por mor do compromiso con esta terra por parte dun adiantado, coma o "vello" e nunca axeitadamente ponderado, Franqueira, ler un programa semellante de repoboación do campo hoxe -¡50 anos despois!-, semella simplemente ciencia ficción.

Realmente é triste, moi triste, pero é así. O que daquela logrou -digamos- "un home só", por máis que tivese algunha axuda do "gobernador", se nestes intres nos que a administración conta con innumerables recursos económicos xamais soñados naqueles intres; por máis que contemos con administración propia -a Xunta de Galicia coa súa Consellería de Medio Rural á fronte-, e por máis que dende Europa anuncien programas de desenvolvemento rural dotados con milleiros de millóns de euros, algún neno quere saber canto miden os cornos dunha vaca e por cantos tetos dá leite, salvando moi raras excepcións, o normal é que as teña que ir ver a un establo situado fóra da provincia de Ourense.

Que pasou, entón, para que, de sermos uns adiantados na explotación de gando vacún, falar de bosta agora sexa facer ciencia ficción? É certo que procurar un só culpable sería como botarlle a culpa dos incendios ó sol. Pero responsables hainos e probablemente entre todos eles dalgún xeito tamén debamos contabilizarnos a todos e cada un de nós.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES