Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida é todo esto e moito máis

jueves, 11 de enero de 2018
A sociedade, conformámola todos; desde os recén nacidos ata as persoas máis lonxevas.

Todos somos membros igualmente importantes; pero non todos temos as mesmas responsabilidades.

ESTÁ CLARO QUE O PESO DAS MAIORES RESPONSABILIDADES RECAE SOBRE TODO NA ETAPA DA IDADE ADULTA: a idade de procrear, de producir, de administrar, de gobernar…

Se o tramo de idade adulta vai como debe ir; automaticamente repercute muy positivamente no resto do tecido social.
Se o colectivo adulto non ten claras a súas responsabilidades; os seus actos terán efectos negativos para todos.
De tal xeito que -por pouco que se observe- salta á vista que algo está fallando no momento que vivimos.

Entre outras cousas:
-CANDO SE FUNDA UNHA FAMILIA: fúndase unha familia; non unha xuntanza de amigos, nin de coñecidos, nin de compañeiros de estudios ou profesión, nin de amantes…

FUNDAR UNHA FAMILIA É UN PLAN DE VIDA OPCIONAL, PERO FIRME.
Debe ter raíces profundas que resistan vendavais e contratempos diversos.

A FAMILIA DEBE TER ESTABILIDADE E FIDELIDADE.

Para andar de flor en flor a ver cal é a mellor, está a etapa anterior.
Cada cousa no seu tempo.

Eu felicito de todo corazón aos matrimonios -canónicos ou civís- que conservan estes valores.

UN MATRIMONIO É UN MATRIMONIO; O RESTO É OUTRA COUSA.
Os matrimonios son os piares sobre os que descansa toda sociedade.

-CANDO VÉN Ó MUNDO UNHA CRIATURIÑA:
-Hai que educala en valores, no seo dunha familia estable.
-Hai que ensinarlle a conserva-las tradicións.
-Hai que darlle unha formación que satisfaga as súas necesidades: físicas, psíquicas, culturais, afectivas, relixiosas e morais.
Non soamente as físicas e as instructivas; as outras tamén. Todas son necesarias e igualmente importantes.

A vella Europa, na que vivimos, ten unhas raíces profundamente cristiás que cultivaron fervorosamente moitas xeracións dos nosos ancestros.
Ata houbo quen entregou a súa vida a prol destes valores.
¿QUÉ FACEMOS NÓS POR CONSÉRVALOS?

E se lles vemos defectos -que os teñen-, e queremos cambialos por outros… ¿SUSTITUÍMOLOS ACASO POR OUTROS MELLORES? Moito me temo que non.

Moitas veces sustitúense por ningúns: sen normas, sen leis, todo é liso e llano…
¡Viva a libertinaxe! –din uns.
¡A vivir que son dous días! –din outros.
Parece un gran disparate, pero…

Sei do que falo porque o profesorado atópase cun alumnado moi descentrado porque vive en familias desestructuradas:
-CON PAIS QUE NON SON SEUS PAIS.
-CON NAIS QUE NON SON SÚAS NAIS.
-CON “IRMANASTROS” QUE NON SON TALES.
En fin… A MIN NON ME GUSTARÍA NADA PERTENCER A UNHA FAMILIA DESAS CARACTERÍSTICAS.

Se non poñemos remedio a estes males:
-¿QUÉ TIPO DE SOCIEDADE LLE DEIXAMOS ÓS QUE VEÑEN DETRÁS?
Aínda que teñan estudios superiores…
-¿ENCHERÁN OS COÑECEMENTOS ACADÉMICOS AS LAGOAS: AFECTIVAS, PSICOLÓXICAS, MENTAIS, RELIXIOSAS E MORAIS?

CONFÍEMOS QUE AS FAMILIAS CON LETRA MAIÚSCULA sexan capaces de explicarlles ós seus fillos e fillas estas tristes realidades para que saiban discriminar entre o que está ben feito e o que está mal.
Non o teñen nada fácil, pero tampouco imposible.
Hai moitos pais e nais que están loitando incansablemente desde o silencio para non perder o que tanto tempo e esforzo costou ós nosos antepasados.
Dentro duns aniños, os nenos e nenas de hoxe, serán adultos e saberán recoñecer que UN CORRECTIVO A TEMPO FOI PARA ELES UNHA GRAN VICTORIA.

Que a infancia e a adolescencia se rebelen…
É natural como a vida mesma e máis nos tempos que corremos.
Todos fomos nenos e sabemos abondo de 'pataletas'. Pero as 'pataletas' son 'pataletas'; nada máis que eso.
Eu, téñome 'encabuxado' moitas veces cando me poñían límites; pero non pasou nada. Non me traumatizou en absoluto. Todo foi para o meu ben.
Se non poñemos límites a tempo, mal vamos. Pero…
“AÍNDA ESTAMOS A TEMPO”

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES